Condado de Alameda

O condado de Alameda (en inglés Alameda County) é un dos 58 condados de California. Foi fundado en 1853 e conta cunha poboación de 1,474.368 habitantes (2008). A súa capital é a cidade de Oakland.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Alameda
Alameda County (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aRancho Arroyo de la Alameda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°39′N 121°55′O / 37.65, -121.91Coordenadas: 37°39′N 121°55′O / 37.65, -121.91
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia Editar o valor em Wikidata
CapitalOakland Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.682.353 (2020) Editar o valor em Wikidata (790,95 hab./km²)
Número de fogares621.958 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.127 km² Editar o valor em Wikidata
Auga10,02 % Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación25 de marzo de 1853 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico510 e 925 Editar o valor em Wikidata
Código de departamento INSEE06001 Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1675839 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Taoyuan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webacgov.org Editar o valor em Wikidata
Twitter: AlamedaCounty Editar o valor em Wikidata

O condado de Alameda é un dos 9 condados que integran a populosa área da Baía de San Francisco.

Historia editar

O condado fundouse o 25 de marzo de 1853 a partir dunha gran porción do condado de Contra Costa e dunha máis pequena do condado de Santa Clara.

O nome procede dun regato chamado rego da Alameda (en español Arroyo de la Alameda, en inglés Alameda Creek), que cruza o condado. Os salgueiros e platanáceas ao longo das ribeiras do rego lembráronlle aos primeiros exploradores españois o aspecto das alamedas, e de aí o nome.

A capital do condado no momento da fundación estaba localizada en Alvarado, hoxe un lugar abandonado. Moveuse a San Leandro en 1856, onde o pazo de xustiza quedou destruído por un devastador tremor de terra en 1868. A capital volveu mudar para a vila de Brooklyn dende 1872 ata 1875. Brooklyn é na actualidade parte de Oakland, que vén sendo a sede do condado dende 1873.

Gran parte do que agora se considera unha rexión intensamente urbana, con grandes cidades, desenvolveuse a partir de arrabaldes de San Francisco a finais do século XIX e principios do século XX. A progresión histórica dende as terras de nativos americanos aos españois, e de aí aos ranchos mexicanos, ás granxas e hortas, e de aí ás cidades e urbanizacións, foi compartida co veciño condado de Contra Costa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar