Carmen Balboa López

mestra galega

Carmen Balboa López, nada en Malpica de Bergantiños en 1915 e finada na Coruña o 20 de abril de 1998, foi unha mestra galega.

Infotaula de personaCarmen Balboa López
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1998 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsBenjamín Balboa López Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Prisión Provincial da Coruña.

Irmá máis nova de Benjamín Balboa López. Foi mestra nacional. Vivía en Santiago de Compostela. Coñeceu a Manuel Ponte Pedreira en 1945 cando foi detido o seu irmán Jesús Balboa. Posto Jesús en liberdade condicional, e ante o temor a ser novamente detido, fuxiu ao monte. Para axudar ao seu irmán Carmen converteuse en enlace da guerrilla, creando con Isabel Ríos unha rede de apoios. Cando caeu María Pérez, a muller de Foucellas, o 13 de marzo de 1946, Carmen foi detida. Ingresou na Prisión Provincial da Coruña o 17 de abril de 1946 e foi procesada na Causa 159/46. Pasou dous anos nas prisións da Coruña e País Vasco. O 25 de novembro de 1947 saíu en liberdade condicional e instalouse en Santiago, inhabilitada como mestra. Volveu exercer como mestra en Bamiro de 1961 a 1973 e despois no Colexio Labarta Pose de Baio de 1973 a 1980.

Vida persoal editar

Casou con Roberto Veloso Gómez en 1962.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar