O Cantonalismo é unha ideoloxía política que aspira a dividir o Estado Nacional en cantóns case independentes. Trátase dun posicionamento partidario dun federalismo de carácter radical, e o seu obxectivo é establecer unha serie de cidades ou confederacións de cidades (cantóns) independentes que se federarían libremente. Lembra en certos aspectos ás polis gregas. O cantonalismo tivo unha grande influencia no nacente movemento obreiro, sobre todo anarquista.

Escudo do Cantón federal de Valencia de 1873.

España editar

En España, houbo dous momentos nos que se podería falar de "fenómeno cantonalista".

O primeiro deses fenómenos tivo lugar durante a I República. O 12 de xullo de 1873, inicíase a insurreción en Cartaxena baixo o nome de Revolución Cantonal. Nos días seguintes estenderase por España: Valencia, Cartagena, Andalucía, as províncias de Salamanca e Ávila; lugares todos eles nos que se chegaron a articular cantóns (estados independentes voluntariamente federados na Unión Española). En Estremadura tamén se intentou a constitución de cantóns en Coria, Hervás e Plasencia.

O segundo período corresponde ao final da Segunda República Española e é na chamada Revolución Española de 1936, que se desenvolveu durante a guerra caivil. Aínda que non se corresponde ideoloxicamente cun movemento cantonalista si se estableceron durante meses ducias de Comités e Consellos municipais e comarcais (excepcionalmente existirán algúns de maior ámbito) autónomos do poder do Estado, coas súas propias moedas e billetes, chegando nalgúns casos a declararse independentes municipios ou provincias. (Asturias e León declarábanse soberanas a finais de agosto de 1937 coa constitución do Consejo Soberano de Asturias y León, comunicando esta decisión á Sociedade de Nacións).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar