Arquitectura paleocristiá

A arquitectura paleocristiá, tamén chamada arquitectura cristiá primitiva, é aquela que foi realizada entre finais do século III –baixo o mandato de Constantino I o Grande– até o século VI –na época do emperador Xustiniano I. Xorde principalmente para satisfacer a necesidade de construción de estruturas de seu para a relixión cristiá.[1]

Basílica de Santa Sabina de Roma, de arquitectura paleocristiá, construída no século V.

Aínda que se orixinou en Siria e Exipto, axiña pasou a Occidente, e vai ser en Roma –centro da cristiandade– onde se produciron as primeiras manifestacións de monumentos de arquitectura, no eido dos cemiterios ou catacumbas; era unha etapa de clandestinidade por mor das persecucións ás que eran obxecto aqueles que practicaban a relixión cristiá. Nesta mesma época, para celebrar as asembleas de culto relixioso empregábanse vivendas privadas, adaptando algunhas das súas salas para estes fins (domus ecclesiae).[1]

A etapa seguinte comeza no ano 313 co Edicto de Milán, promulgado polos emperadores Constantino I o Grande –despois da súa conversión– e Licinio, segundo o cal outorgáronselles ós cristiáns plenos dereitos de manifestación pública das súas crenzas:

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Alonso Pereira, José Ramón (2005). Introducción a la historia de la arquitectura. De los orígenes al siglo XXI (en castelán). Barcelona: Editorial Reverté. ISBN 84-291-2108-0. 
  • Balderas Vega, Gonzalo (2008). Cristianismo, sociedad y cultura en la Edad Media: una visión contextual (en castelán). México D.F.: Universidad Iberoamericana. ISBN 9789688596548. 
  • Barral i Altet, Xavier (1987). Historia Universal del Arte: La antigúedad Clásica. Volumen II (en castelán). Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-320-8902-8.