Anaram Au Patac (AAP) é unha organización marxista de Occitania. Defínese como un movemento de esquerda revolucionaria, partidario de construír unha sociedade nova, baseada na autonomía local, a cultura, a repartición das súas riquezas, a xustiza social e a solidariedade internacional.

Anaram Au Patac
Tipoorganización política
IdeoloxíaNacionalismo occitano
Data de fundación23 de abril de 1992
Data de disolución2009
PaísFrancia
editar datos en Wikidata ]

Anaram Au Patac da apoio a toda iniciativa que consista no recoñecemento do occitano como lingua oficial así como ao recoñecemento de Occitania como nación, ao dereito de autodeterminación e a unha sociedade sen clases, polo que o lema da organización é “volem viure i decidir per aquest país” (queremos vivir e decidir por este país). Rexeitan a democracia capitalista actual e loitan por unha verdadeira democracia sen inxustizas nin a nivel económico nin por causas discriminatorias.

Realizan accións como manifestacións e xuntanzas occitanistas, pero baséanse moito na loita revolucionaria e contra a represión, como amosan cos seus abundantes comunicados dirixidos a Robert Arricau, preso político desta organización, ou tamén con manifestacións e comunicados contra a precariedade e o capital. Tamén teñen realizado ou participado nalgúns actos de carácter internacionalista como algúns a favor da loita zapatista en Chiapas ou outras contra a guerra, ou con outras nacións como Quebec, Euskal Herria, os Países Cataláns e outras.

O local de reunión da organización é a Tor deu Borrèu, en Pau, Bearn. Este é o centro social dos militantes, onde se fan bailes gascóns, concertos de punk-rock para xente nova, creación de bandeiras e bufandas para os manifestantes, xuntanzas antifascistas ou charlas de apoio aos presos ou ás vítimas da represión policial. Este local tamén é autoxestionado pola organización, xa que ten servizo de cafetería e recóllense cartos en festas e pódese falar occitano, catalán e éuscaro, tres idiomas que se entenden neste local. A parte disto, Anaram Au Patac ten unha revista sobre o que eles chaman ”un occitanismo radicalmente de esquerdas, aberto a debates sobre sociedade e política en Occitania e no mundo en xeral”, nomeada Har/Far.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Movementos políticos occitanos (occitanismo político)

  • Movementos actuais

Alianza Libre EuropeaAnaram Au PatacConvergència Democràtica Aranesa - Partit Nacionalista AranèsGardarem la TèrraHartèraIniciativa por OccitaniaLiga per la Renaissença dei Libertats NiçardiLinha ImaginòtMovemento Rexionalista LengadociánOccitania LibertariaPaís NòstreParatgePartido da Nación OccitanaPartit OccitanRegions e Pòbles SolidarisUnitat d'AranUnitat d'Òc

  • Movementos antigos

Comitat Occitan d'Estudis e d'AccionComitats d'Accion OccitanaCorrent Revolucionari OccitanEntau PaísFederacion Anarquista-Comunista d'OccitàniaLucha OccitanaMovement Autonomista OccitanPartit ProvençauPòble d'ÒcVolèm Viure al País