Nacionalismo occitano

O nacionalismo occitano é un movemento político que reivindica a creación do Estado de Occitania secesionado de Francia. Reivindica basicamente gran parte do sur de Francia, ademais de Mónaco e algúns territorios de España e Italia, como nación occitana. O fundamento do nacionalismo é lingüístico e cultural aínda que actualmente a lingua occitana é minoritaria en todo o seu ámbito lingüístico.

Manifestación occitanista na localidade de Carcassona en 2005.

Orixes actuais editar

O nacionalismo occitano naceu coma un sentimento de agravio das rexións do sur de Francia provocado pola reestruturación económica e enerxética emprendida polo gaullismo durante os anos 60, ante a suposta prioridade cara ás máis prósperas rexións do norte. A partir de 1968 deuse rexurdimento cultural occitano que, combinado coa protesta económica, desembocou na década de 1970 nunha reivindicación nacionalista que consideraba que Occitania era unha colonia interna do Estado centralista francés[1].

O devir da conxuntura económica internacional nas seguintes décadas desbordou a explicación do colonialismo interno e, á par que outros movementos nacionalistas tanto do resto de Francia como de Europa, o eixo central da reivindicación pasou a ser a identidade cultural e o dereito das minorías.

Durante a década de 1980 o nacionalismo occitano languideceu e foi perdendo influencia na sociedade debido basicamente á súa fragmentación en numerosos partidos e organizacións de distinta ideoloxía, e á súa incapacidade para poder articular un movemento romanticista que abarcase un territorio tan amplo (entre un terzo e a metade de Francia) cunha realidade social moi heteroxénea. A partir da década de 1990 o movemento político occitano pode calificarse de marxinal.

Malia isto, o nacionalismo occitano gañou influencia a partir da creación de Libertat!, organización independentista e de esquerdas, no 2009. No ano 2015 xorde no Val de Arán, o único territorio occitano en España, unha organización asamblearia chamada Corròp, a cal apoia a creación dun Val de Arán autónomo dentro dunha Cataluña independente, o que consideran que sería positivo para Occitania coma proxecto nacional.[2]

Territorio reivindicado editar

O nacionalismo occitano propón como capital de Occitania a cidade francesa de Tolosa.

Na seguinte táboa especifícase a extensión e poboación dos territorios reivindicados polo nacionalismo occitano:

País
Territorio
reivindicado
Extensión
(km²)
Habitantes
España
 
  Val de Arán (Cataluña) 634 10.000
Francia
 
  Aquitania (quitando ao País Vasco francés) 38.366 2.800.000
  Auverña 26.013 1.327.000
  Languedoc-Rosellón (excepto Pireneos Orientais) 23.260 2.098.000
  Lemosín 16.942 712.000
  Midi-Pireneos 45.348 2.687.000
  Provenza, Alpes e Côte d'Azur 31.400 4.666.000
Italia
 
Guardia Piamontesa (Calabria) 21 2.000
  Vales Occitanos (Liguria) ? ?
  Vales Occitanos (Piemonte) 4.500 200.000
  Principado de Mónaco 2 33.000
Occitania

Simboloxía editar

 
Bandeira utilizada polo nacionalismo occitano

A bandeira nacionalista occitana incorpora unha estrela dourada de sete puntas á tradicional bandeira representativa de Occitania. Foi agregada durante os amos 1970 á proposta de Francés Fontan e do Partido da Nación Occitana, simbolizando as sete rexións históricas occitanas (Auvernia, Delfinado, Gascuña, Guiana, Languedoc, Lemosín e Provenza) e tamén representa o símbolo do Félibrige: a Santa Estrela.

Movementos nacionalistas occitanos editar

O nacionalismo occitano adquiriu expresión política a partir de 1959, coa creación por parte de Francés Fontan do Partit Nacionalista Occità (actualmente Partit de la Nacion Occitana), representando a concreción das teorías sociopolíticas desenvolvidas polos ideólogos occitanistas u sobre todo as de Robèrt Lafont.

Movementos actuais editar

 
Cartel do Partit Occitan apoiando o proxecto de Constitución Europea

Notas editar

  1. Contreras Romero, Valente A.: "Volem viure: nacionalismo occitano en el sur francés", en Política y cultura nº 25 (2006). ISSN 0188-7742
  2. "Corròp, nova formació occitanista a l'Aran en aquesta campanya". VilaWeb (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015.