American Ornithological Society

sociedade científica

Coordenadas: 41°51′58.57″N 87°37′1.19″O / 41.8662694, -87.6169972

A American Ornithological Society (AOS) ou Sociedade Ornitolóxica Estadounidense, é a máis grande e antiga organización do Novo Mundo dedicada ao estudo científico das aves. Ten a súa sede en Chicago, Illinois.

Símbolo da Unión de Ornitólogos Estadounidenses, o extinto gran auk (arao xigante).

Historia editar

 
Participantes no 13º Congreso da AOU.

A sociedade formouse en outubro de 2016 pola fusión da American Ornithologists' Union (AOU), que fora fundada en setembro de 1883 por Elliott Coues, Joel Asaph Allen e William Brewster, e a Cooper Ornithological Society.[1] Os seus membros son principalmente ornitólogos profesionais, aínda que a adhesión está aberta a calquera persoa que teña interese nas aves. A AOS é membro do Ornithological Council.[2]

A sociedade publica dúas revistas científicas, The Auk,que se edita desde xaneiro de 1884, e The Condor, así como a lista de verificación AOS das aves norteamericanas.

En 2013, a American Ornithologists'Union anunciou unha estreita colaboración coa Cooper Ornithological Society, incluíndo reunións conxuntas, unha oficina centralizada de publicación e unha concentración das súas respectivas revistas para aumentar a eficiencia da investigación.[3]

En outubro de 2016 a AOU anunciou que deixaba de funcionar como unión independente, e que se estaba a fusionar coa Cooper Ornithological Society para crear a American Ornithological Society.[4]

O South American Classification Committee (SACC) (Comité de Clasificación de América do Sur), é un comité oficial no marco da AOS que está encargado da creación dunha clasificación estándar, cos nomes en inglés, para as especies de aves de América do Sur.

Noatas editar

  1. "AOU History". American Ornithological Society. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  2. "The Ornithological Council". National Museum of National History, Smithsonian Institution. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  3. Hagner, Chuck (15 de agosto de 2013). "American Ornithologists’ Union plots new course in Chicago". BirdWatching. 
  4. "News Release: American Ornithological Society (AOS) Takes Flight". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar