O arao xigante (Pinguinus impennis) foi unha especie de ave non voadora da familia dos álcidos que se extinguiu a mediados do século XIX. Era a única especie moderna do xénero Pinguinus (non relacionados cos pingüíns, malia que foi a primeira ave en ser chamada pingüín). Aniñaba só en illas illadas e rochosas con fácil acceso ó océano e con moita comida, unha rareza na natureza que facía que tiveran moi poucos lugares de cría. Fóra da época de cría, os araos vivían nas augas do Atlántico norte, cunha área de distribución que abranguía dende o norte de España até as costas do Canadá, Groenlandia, Islandia, as Illas Feroe, Noruega, Irlanda e o Reino Unido.

Arao xigante
Rango fósil: Plioceno temperán – Holoceno tardío

Espécime nº8 no museo de Kelvingrove, Glasgow
Estado de conservación

Extinto dende 1852[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Alcidae
Xénero: Pinguinus
Especie: impennis
Distribución aproximada (en azul)[2][3]
Distribución aproximada (en azul)[2][3]

Distribución aproximada (en azul)[2][3]
Sinonimia

Notas editar

  1. "Pinguinus impennis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Grieve, Symington (1885). The Great Auk, or Garefowl: Its history, archaeology, and remains. Thomas C. Jack, Londres. 
  3. Parkin, Thomas (1894). The Great Auk, or Garefowl. J.E. Budd, Printer. Consultado o 14 de maio de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar