Alicia Boole Stott

matemática británica

Alicia Boole Stott, nada en Cork (Irlanda) o 8 de xuño de 1860 e finada en Middlesex o 17 de decembro de 1940, foi unha matemática irlandesa-inglesa. A pesar de non ter nunca unha posición académica, realizou un gran número de valiosas contribucións ás matemáticas, recibindo un doutoramento honorífico pola Universidade de Groninga.[1] É coñecida por cuñar o vocábulo "polítopo" para un sólido convexo de catro (ou máis) dimensións, e por ter un impresionante entendemento da xeometría catro-dimensional dende moi nova.[1]

Infotaula de personaAlicia Boole Stott
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1860 Editar o valor em Wikidata
Cork, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 1940 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Highgate, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
España
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónQueens' College (Londres) (pt) Traducir
Universidade de Groningen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalPieter Hendrik Schoute Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisGeorge Boole Editar o valor em Wikidata  e Mary Everest Boole Editar o valor em Wikidata
IrmánsEthel Lilian Voynich, Mary Boole Hinton, Margaret Boole Taylor (pt) Traducir e Lucy Everest Boole (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Boole-16

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Alicia Boole naceu en Cork, terceira filla do matemático e lóxico George Boole e de Mary Everest Boole, matemática autodidacta e educadora. Varias das súas irmás tamén destacaron, xa que Lucy Everest Boole foi química e farmacóloga e Ethel Lilian Voynich foi novelsita. Trala repentina morte do seu pai en 1864, a familia mudouse a Londres, onde a súa nai se converteu en bibliotecaria no Queen's College.[2] Estudou nunha escola situada xunta o Queen's College coa súa irmá, mais nunca asistiu á universidade. her Era coñecida entre os seus amigos e familia como Alice, aínda que sempre publicou co nome de Alicia.

Inicio da carreira editar

Alicia foi a única das irmás Boole que herdou o talento matemático dos seus pais, aínda que a súa nai educara os seus cinco fillos dende idade temperá "para familiarizalos co fluxo da xeometría" proxectando formas no papel, colgando péndulos etc.[3] Foi exposta por primeira vez aos modelos xeométricos polo seu cuñado Charles Howard Hinton cando tiña dezasete anos, e desenvolveu a habilidade de visualizar unha cuarta dimensión.[1][2] Descubriu que había exactamente seis polítopos regulares en catro dimensións e que estaban rodeados por 5, 16 ou 600 tetraedros, 8 cubos, 24 octaedros ou 120 dodecaedros, aínda que xa era coñecido por Ludwig Schläfli. Produciu entón seccións centrais tridimensionais dos seis polítopos regulares mediante construcións puramente euclidianas e métodos sintéticos pola sinxela razón de que nunca aprendera xeometría analítica. Realizou modelos de cartolina de todas as seccións e cuñou o vocábulo "polítopos" para describilos.

Carreira posterior editar

Tras obter un traballo de secretaria preto de Liverpool en 1889 coñeceu e casou co actuario Walter Stott en 1890. Tiveron dous fillos, Mary (1891–1982) e Leonard (1892–1963).[4] Stott aprendeu da obra de Pieter Schoute sobre seccións centrais dos polítopos regulares en 1895. Schoute foi a Inglaterra e traballou con Alicia Stott, convencéndoa de que publicase os seus resultados, o que fixo en dous artigos editados en Ámsterdam en 1900 e 1910.[5]

A Universidade de Groninga honrouna invitándoa a asistir ás celebracións do seu tricentenario e outorgoulle un doutoramento honorífico en 1914.[6] Trala morte de Schoute en 1913 Alicia fixo un receso do seu traballo matemático.

En 1930 foi presentada polo seu sobriño Geoffrey Ingram Taylor a Harold Scott MacDonald Coxeter e traballaron xuntos en varios problemas.[6] Alicia fixo outros dous importantes descubrimentos relativos ás construcións de poliedros relacionados coa sección áurea. Presentou un artigo conxunto con Coxeter na Universidade de Cambridge. Coxeter escribiu máis tarde que "a forza e simplicidade do seu carácter combináronse coa diversidade dos seus intereses para facer dela unha amiga inspiradora".[2][7]

Alicia faleceu en Middlesex en 1940.[6]

Legado editar

Na primavera de 2001 atopouse un rolo de papel con debuxos coloreados de poliedros na Universidade de Groninga.[2] Aínda que non estaba asinado, recoñeceuse inmediatamente como obra de Alicia. Foi investigado por Irene Polo-Blanco, que incluíu un capítulo sobre Alicia no seu libro Theory and History of Mathematical Models (2007).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Morrow, Charlene; Perl, Teri (1998). "Notable Women in Mathematics: A Biographical Dictionary". Greenwood Press. pp. 243–245. Consultado o 27 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 MacHale, Des; Mac Lellan, Anne (2009). Mulvihill, Mary, ed. Lab Coats and Lace. Women in Technology and Science. ISBN 9780953195312. 
  3. Gerry Kennedy, The Booles and the Hintons, Atrium Press, xullo de 2016, páx. 85.
  4. Polo-Blanco, Irene (maio de 2008). "Alicia Boole Stott, a geometer in higher dimension". Historia Mathematica 35 (2): 123–139. doi:10.1016/j.hm.2007.10.008. 
  5. W. W. Rouse Ball (1960) Mrs. Stott's Construction, en Mathematical Recreations and Essays, Macmillan, Nova York, páx. 139–140.
  6. 6,0 6,1 6,2 Franceschetti, Donald R. (1999). "Biographical Encyclopedia of Mathematicians – Vol. 2". Marshall Cavendish. pp. 482–484. Consultado o 4 de xaneiro de 2015 – vía Questia. 
  7. Orixinal en inglés: "The strength and simplicity of her character combined with the diversity of her interests to make her an inspiring friend".

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar