Talasocracia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Nova páxina: Unha '''talasocracia''', do grego "thálassa", ''mar'', e "krátos", ''goberno'', denota ao estado cuxos dominios son principalmente marítimos, como por exemplo a rede de colonias mar...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de maio de 2008 ás 00:48

Unha talasocracia, do grego "thálassa", mar, e "krátos", goberno, denota ao estado cuxos dominios son principalmente marítimos, como por exemplo a rede de colonias marítimas dos fenicios, non un xenuíno imperio, senón máis ben unido por rutas mariñas e que apenas penetra no interior, mesmo no caso da metrópole, como as cidades de Tiro, Sidón e Cartago. O termo foi empregado orixinariamente para se referir ao goberno da civilización minoica, cuxo poder dependía da súa armada. Na Idade Media e Moderna temos os exemplos de cidades-estado mariñeiras como a República de Venecia, a República de Ragusa ou Xénova, no Mediterráneo. Exemplos tamén relativamente recentes son o Imperio Portugués ou o Imperio Británico, que empezaron como emporios comerciais e máis adiante foron adquirindo vastos territorios no interior.