Cifras e letras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
 
Liña 56:
 
O récord de puntuación nunha soa emisión teno Eva, con 96 puntos. O récord absoluto conseguiuno o devandito Martín cando, no especial polo programa número mil, emitido en dúas partes, sumou 126 puntos.
 
==Miscelánea==
{{Curiosidades}}
O programa distínguese polo humor con que se tratan os presentadores e os piques entre Lodeiro e Mira. Tamén teñen un gran peso as camisetas, en especial as que utiliza Jorge Mira e que moitas veces vense tamén entre os concursantes.
 
O tema central do programa, o que despois é base do duelo, é do máis variado. Moitas veces, aprovéitase para enviar mensaxes de interese social, como os relativos á reciclaxe ou a consumir medicamentos xenéricos.
 
O programa pecha sempre igual. Lodeiro despídese, di unha cita ou un proverbio relacionados co tema do día e, mentres saen os títulos de crédito, os cinco protagonistas do programa (o presentador, os dous expertos e os dous concursantes) érguense para se saudar. Este esquema só se alterou en dúas ocasións, nos respectivos derradeiros programas de Fer e Martín. Eses días, foron os dous derrotados os que pecharon o programa co seu saúdo final.
 
== Galardóns e nomeamentos ==