Dámosche a benvida á Galipedia, Iria.cestmoi!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de marzo de 2019 ás 10:38 (UTC)

do libro do outro díaEditar

A cantante da portada era Katy Perry (en), ou quizais Zooey Deschanel(en). ※ Sobreira ►〓 parlez 11 de marzo de 2019 ás 08:42 (UTC)

Modelo traducido deEditar

Ola Iria.cestmoi! Parabéns por animarte a traducir o artigo Neus Català. Acabo de editar a conversa do artigo que acabas de traducir para introducir o modelo {{traducido de}. É suficiente indicar o tema da orixe dos contidos por tema da licenza no resumo de edición, como fixeches, pero o que ten de bó usar este modelo é que crea automáticamente a categoría de páxinas traducidas doutras wikipedias, que é interesante por cuestións estatísticas. Copioche as instrucións para usalo que me deixou MAGHOI no seu día :

Normalmente, métese na páxina de conversa do artigo cunha estrutura determinada porque permite facer categorías e estatísticas automáticas. Serían 5 elementos separados por | (normalmente conséguese con AltGr+1)--> {Traducido de|código da lingua|Texto en cursiva|artigo orixinal|Texto en negra|data da tradución|Texto en negra|número da revisión} ////Aquí poño só unha chave, para que non apareza código.

O proceso sería así:

  • Ábrense e péchanse con 2 chaves
  • Escríbese: "Traducido de"
  • Código da lingua (en, para o inglés; es para o castelán; it, para italiano)
  • Artigo orixinal (nome do artigo orixinal)
  • Data de tradución (cóllese da páxina do historial; normalmente será o derradeiro; formato: dd-mm-aaaa)
  • Nº de revisión (na mesma páxina do historial, premendo sobre a data ; verás que aparece na barra de menú do explorador que teñas onde se fai referencia ao artigo no que estás (https://it.wikipedia.org....... e todo o demais) un número (que é o número despois de "&oldid="). Pois, ese é o que se copia.

Se tes algunha dúbida coa edición en xeral podes deixarme unha mensaxe na miña páxina de conversa. Un saúdo e a seguir! :) Maria zaos (conversa) 19 de abril de 2019 ás 20:35 (UTC)

GrimmEditar

Ola, Iria. Movín de volta O lobo e os sete cabuxos ao título que tiña. Debemos manter sempre os títulos na tradución publicada en galego. De non habela, nos orixinais (con traducións suxeridas moi puntuais para alfabetos distintos e casos semellantes). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21 de agosto de 2021 ás 08:21 (UTC)

Boas! A verdade é que aí si que foi erro meu, busquei a palabra no dicionario e non me fixei se xa estaba traducido. Obrigada pola corrección. Apertiña! --iria.cestmoi

Relacionado co tema das traducións, ten ollo se te atopas citas literais dentro do corpo dos artigos:
  • Na Galipedia traducimos as citas que van dentro das entradas, polo que é obrigado facer unha nota co texto orixinal. Iría nunha sección de notas diferente á habitual, porque serían comentarios. E o resto das notas iría baixo referencias. Podes velo nesta páxina agora.

Saúdos!Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 18:06 (UTC)

De acordo :) Obrigada! Iria.cestmoi (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 18:10 (UTC)
Bueno, lieime co orde da notas/referencias no artigo  , en fin. Xa o corrixín na páxina. De nada! Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 18:13 (UTC)

TriscaidecafobiaEditar

Ola, Iria. Perdoa a intromisión porque estaba mirando os cambios recentes e corrixindo o formato dalgúns artigos e metinme en Triscaidecafobia, sen advertir que tiña o marcador {enuso}. Espero no haber provocado un conflito de edición. E xa postos, lémbroche que en WP:LE tes unhas notiñas sobre a estrutura dos artigos na Galipedia que, en ocasións, teñen pequenas diferenzas con outras wikis. Sobre todo, se mo permites, recomendaríache a 2ª sección sobre a estrutura, na parte final. Máis nada, perdoa de novo pola intromisión e a darlle duro. Unha aperta. MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2021 ás 11:33 (UTC)

Boas, MAGHOI! Obrigada pola mensaxe! Hei revisar o artigo outra vez, de todos xeitos. Apertiña! iria.cestmoi

Trebello de comunicación para conversasEditar

Ola, Iria! Revisei algúns dos artigos nos que estiveches a traballar: cousiñas pequenas, como os formatos das referencias. Adoito deixar apuntamentos no resumo de edición, así que podes revisalos consultando os historiais de cada páxina. Non dubides en preguntar o que necesites, que hai cousiñas destas (referencias que dan erros, citas que se moven) pasan todos os días.. Como viches aquí para comunicarse xa é un tema, porque hai que lle escribir á xente na súa páxina de conversa e algúns espazos da Wikipedia non pemiten a edición visual. Eu descubrín non hai moito un trebello en probas que me resulta moi cómodo e que parece que gusta bastante á xente. Vouche pegar aquí as instrucións que lle dera no seu día a outra usuaria:

Ola! hai un novo trebello en probas que é máis intuitivo á hora de responder unha comunicación. Pódelo activar indo ao teu menú de preferencias> caracteristicas en probas (https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Preferencias#mw-prefsection-betafeatures) e escollendo "Discussion tools". Unha vez instalado, xa o lado de calquera mensaxe dunha persoa, sexa na túa páxina de usuaria ou nunha páxina xeral de conversa, verás ao lado da sinatura de quen escribiu "[Responder]". Premendo aí xa che abre unha caixiña que permite editar co editor visual e xa che asina por defecto, ademáis de incluír o texto "Resposta" no resumo de edición cando publicas. Usando a icona do menu que che sae nese editor (sae como unha persoa seguida do signo +) ábrese unha caixiña na que sae por defecto o nome de usuario da persoa que enviou o texto que respondes, pero tamén permite buscar outras usuarias polo nome. Se seleccionas ese nome de usuario/a nesa caixiña, xérase unha mención que xa lle é notificada a ese destinatario. Recibirá un aviso de que contestaches/mencionaches. Deste xeito xa non precisas responder na súa páxina de usuario/a para que lle chegue notificación, podes seguir a escribir na túa propia páxina de usuaria, e tampouco é necesario o uso de {{ping}} ou outras opcións. Semella máis intuitivo e sinxelo. Xa me contarás que che parece se o probas.

Por outra banda tamén quería agradecerche o teu traballo; para min foi unha alegría dar con novos artigos como o Circo de los Muchachos  , encantoume! Vin tamén que estabas a revisar a fondo o de menstruación, xenial!. Se che apetece darlle unha volta xuntas ós contidos e ás entradas relacionados co ciclo feminino, conta comigo. (Engadín algunhas fontes de consulta no artigo, por certo).Téñolle ganas por exemplo a cousas como estas (https://de.wikipedia.org/wiki/Symptothermale_Methode ) ou cando menos gustaríame actualizar e diversificar o enfoque dalgunhas cousiñas destas áreas. Se non acabas de afacerte co trebello de comunicación podes ir á miña páxina de usuaria e enviarme un correo electrónico usando o menú lateral esquerdo cando o necesites. Saudos!.-- Maria zaos (conversa) 6 de outubro de 2021 ás 22:49 (UTC)

Rimas de BécquerEditar

Ola Iria.cestmoi.

Por favor, podes repasar "Rimas de Bécquer"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. . HombreDHojalata.conversa 7 de outubro de 2021 ás 18:23 (UTC)

Boas! Veño de darlle unha voltiña ao artigo. Obrigada! Iria.cestmoi (conversa) 7 de outubro de 2021 ás 18:49 (UTC)
Grazas a ti.
Poderías traducir as notas? --. HombreDHojalata.conversa 8 de outubro de 2021 ás 09:00 (UTC)
Notas traducidas! Unha aperta Iria.cestmoi (conversa) 8 de outubro de 2021 ás 13:57 (UTC)

Por favor, detenteEditar

Ola Iria.

Por favor, detente, deixa de mover nomes de artigos de persoas.

Revisa, por favor, a política oficial: Wikipedia:Nomes propios de persoas. . HombreDHojalata.conversa 14 de outubro de 2021 ás 22:09 (UTC)

Vale, perdón, que non lera a política :( Procedo a desfacer cambios. Iria.cestmoi (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 22:16 (UTC)

Vexo que xa os estiveches desfacendo ti. Vaia traballón levaches. Síntoo, fallo meu, perdón pola matraca :( Iria.cestmoi (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 22:22 (UTC)

Formas galegasEditar

Ola, Iria. Grazas polo traballazo de revisión en Sofía Casanova e outros artigos. Cando poidas bótalle unha ollada a este apartado do libro de estilo. Un saúdo e a seguir!-- Maria zaos (conversa) 17 de outubro de 2021 ás 19:53 (UTC)

Obrigada, María! A verdade é que me motivei mil e víñenme arriba sen mirar libros de estilo. Tereino en conta en futuras edicións. Saudiña! Iria.cestmoi (conversa) 17 de outubro de 2021 ás 19:57 (UTC)

Ola, Iria. No mesmo sentido de María zaos, lembra que na Galipedia, no canto de Biografía empregamos Traxectoria, e Notas en vez de Referencias. Segue dandolle duro. Un saúdo.MAGHOI (conversa) 18 de outubro de 2021 ás 19:31 (UTC)

Ai mama non dou unha ao xeito hahahahahah. Obri pola axuda. Saudiña! Iria.cestmoi (conversa) 18 de outubro de 2021 ás 19:48 (UTC)

Tranqui. Non hai problema, que ninguén naceu aprendido. Hai que ir amodo para ir lonxe. Tan só unha cousiña máis. Cando respostes dende a túa páxina de conversa, debes pór @ diante do nome de usuario a quen respostas para que lle chegue un aviso. Se non, non se entera. O dito. Ánimo e a darlle duro. Saúde.--MAGHOI (conversa) 19 de outubro de 2021 ás 16:03 (UTC)
@MAGHOI Non é necesario. Se miras máis arriba nesta conversa verás as indicacións do trebello de conversa que semella estar a usar Iria, que é máis intuitivo que o ping, xa que vai co editor visual. De feito eu sería partidaria de incluír esas instrucións aquí. Saudos!
@Iria.cestmoi En teoría cando premes en resposta xa debería chegarlle aviso á persoa, pero por asegurarnos lembra facer unha mención premendo na icona da cabeciña + e buscando o seu nome de usuario/a na caixa de busca. Saúdos!-- Maria zaos (conversa) 19 de outubro de 2021 ás 22:42 (UTC)

Iria estase liando e non sabe como mencionar ao persoal Iria.cestmoi (conversa) 19 de outubro de 2021 ás 23:24 (UTC)

Vale. Non agobiarse. Agardaba as túas dúbidas aquí e imaxinei que non tiñas problema. Non pasa nada.
  • Se decidiches non usar o trebello (sospeito que o usas, pero non o sei a ciencia certa) esquéceo todo e se tal consulta este apartado da axuda. Como contactar e comunicarse tamén vén nas ligazóns do cadro de benvida da túa páxina de conversa máis arriba
  • Se xa o estás a usar, só lembra que antes de publicar a mensaxe, se queres que algúen en concreto se entere (e aquí engado eu: "incluída a persoa á que tiñas intención de respostar", por seguridade) tes que mencionala . Pasos:
    • Premer icono da cabeciña co signo+.
    • Comezar a teclear na caixa de busca polo nome de usuario/a
    • premer para seleccionalo. Aparecera entón no texto da mensaxe cun @ previo, que era o que falaba MAGHOI. Ademais deste método hai outros para xerar ese @, pero non vén ao caso se estás consultando isto.
    • Publicar.
Se tes máis dúbidas, volve escribir por acó. Saudiño! Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 13:59 (UTC)

Matilde HuiciEditar

Ola Iria.

Poderías, por favor, traducir as notas en "Matilde Huici"?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 28 de outubro de 2021 ás 09:42 (UTC)

Ostra, pois tes razón. Traducidas quedan! Obrigada por avisar :) Iria.cestmoi (conversa) 28 de outubro de 2021 ás 14:17 (UTC)

Cartas literarias a una mujerEditar

Ola Iria.

Poderías completar a tradución en "Cartas literarias a una mujer"?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 29 de outubro de 2021 ás 20:09 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversaEditar

Ola Iria.cestmoi. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa usuaria:Maria zaos".

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 29 de outubro de 2021 ás 23:47 (UTC)

Siiii!! É que non vin onde se asinaba. Agora xa teño o dato. Obrigada!! Iria.cestmoi (conversa) 29 de outubro de 2021 ás 23:53 (UTC)

Versalita* -> versaletaEditar

Ola Iria.

Lembra que, ao que en castelán lle chaman versalita, en galego é versaleta.

Por exemplo, aquí.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 31 de outubro de 2021 ás 23:34 (UTC)

Ricardo CourtierEditar

Boas Iria.cestmoi. Vin que modificações as seccións do artigo Ricardo Courtier, mais non concordo cos novos títulos. Suprimiches a sección "Regreso a Galicia" (que estaba dividida en "A Pobra de Trives" e "Ourense") por unha sección denominada "Regreso a Galicia e estadía na Pobra de Trives" seguida de "Estadía en Ourense". Non vexo moi axeitado ese "Regreso a Galicia e estadía na Pobra de Trives", xa que parece que por unha banda volve a Galicia e por outra vive en Trives, logo ademais a sección "Estadía en Ourense" aparece desligada de Galicia (volveu a Galicia e viviu en Trives nunha sección, e logo dá a impresión de que Ourense queda desligado dese regreso a Galicia, como se pasara algo polo medio ou se Ourense non fora Galicia... non sei se me explico). Se cadra a solución miña non era a mellor, porque o certo é que co tamaño e a información que achega o artigo igual era un pouco esaxerado, xa que pouco se di do tempo que non residiu en Galicia, mais quizais unha boa solución sería retirar a parte "Regreso a Galicia" e deixar simplemente dúas seccións tituladas "Estadía en Trives" e "Estadía en Ourense", ou simplemente "En Triives" e "En Ourense". Como o ves? Un saúdo, Piquito (conversa) 7 de novembro de 2021 ás 11:59 (UTC)

Artigo modificado. Como o ves agora? Saudiña! Iria.cestmoi (conversa) 7 de novembro de 2021 ás 19:50 (UTC)
Claro! Sen problema. Xa fago eu a modificación no artigo. Unha aperta! Iria.cestmoi (conversa) 7 de novembro de 2021 ás 12:46 (UTC)

NotasEditar

Ola, Iria. Poderías corrixir un pouco as referencias en María del Carmen García Lasgoity. Ánimo e a darlle duro. --MAGHOI (conversa) 10 de novembro de 2021 ás 22:15 (UTC)

Ola! Aínda lle estou dando ao artigo. A ver se queda guai. Aperta forte! Iria.cestmoi (conversa) 10 de novembro de 2021 ás 22:28 (UTC)

As bólas máxicasEditar

Ola Iria. Desfixen a túa edición no artigos das bólas máxicas. Non é o mesmo estudio que estudo. Podes velas definicións da RAG aquí: estudio Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estudio. e estudo Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estudo.. Un saúdo e a seguir. --Breogan2008 (conversa) 11 de novembro de 2021 ás 21:45 (UTC)

Pois tes razón, non caera niso. Obrigada! Unha aperta. Iria.cestmoi (conversa) 11 de novembro de 2021 ás 21:48 (UTC)

Estilo no artigo Aitzina!Editar

Ola Iria.cestmoi. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo, con respecto ás túas edicións no artigo Aitzina!.

Cambiei a sección "Ver tamén" por "Véxase tamén" e engadín a subsección "Outros artigos"; así como "Referencias" por "Notas". Amais, ten en conta que a sección "Notas" vai sempre antes da sección "Véxase tamén" e sempre cómpre engadir o modelo {{Control de autoridades}} ó final dos artigos xusto antes das categorías como se indica aquí.

Só algúns conselliños de estilo, de vital importancia na Galipedia para manter a convención, nin te preocupes. A seguir co gran traballo que fas, unha aperta. --RubenWGA (conversa) 12 de novembro de 2021 ás 15:08 (UTC)

Botara, mais ás veces colúmpiome. Son moitos datos e non dou retido todos, cando teña máis rodaxe espero cagala menos nise sentido ;) Obrigada! Aperta! Iria.cestmoi (conversa) 12 de novembro de 2021 ás 22:35 (UTC)

Artigo movidoEditar

Ola, Iria. Movín o artigo Micaela Feldman de Etchebéhère a Mika Feldman, pois segundo WP:NPP, hai que empregar no título o nome máis común ou polo que sexa máis coñecida. Un saúdo e a seguir dándolle duro.--MAGHOI (conversa) 26 de novembro de 2021 ás 17:08 (UTC)

Guai! Obrigadísima!! :) Iria.cestmoi (conversa) 26 de novembro de 2021 ás 17:28 (UTC)

Transliteracións do rusoEditar

Ola, Iria. Aquí vai o cadro para as transliteracións do ruso (=ollo co uso de y en Galipedia  ). Saudiños.--Maria zaos (conversa) 6 de decembro de 2021 ás 13:58 (UTC)

Obrigada, María! Non lembro agora mesmo cal foi o último artigo con caracteres cirílicos que editei (mirarei no historial), mais tomo nota para as modificacións pertinentes. Saudiña e boa ponte! Seguimos na angueira! Iria.cestmoi (conversa) 6 de decembro de 2021 ás 14:24 (UTC)

Facer tamén as redirecciónsEditar

Ola Iria.cestmoi.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, por exemplo Poncho K, Agathe Mella ou Fito Cabrales, quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 27 de decembro de 2021 ás 14:38 (UTC)

Ok pois non caera niso. Apertiña e feliz aninovo! Iria.cestmoi (conversa) 2 de xaneiro de 2022 ás 18:18 (UTC)

Referencias en "La torre herida por el rayo"Editar

Ola, Iria.cestmoi. O artigo "La torre herida por el rayo" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 12 de xaneiro de 2022 ás 03:28 (UTC)

Toda a razón. Foi un artigo que tiña pra traballar nil e mira se son cafre que non lembrei poñerlle o marcador de {{en uso}}. Voullo pór e seguirei hoxe con il. Obrigada! Aperta forte! Iria.cestmoi (conversa) 12 de xaneiro de 2022 ás 10:45 (UTC)

DetalliñoEditar

Ola, Iria. Tan só un detalliño. Ao respostar a outro usuario, ou ben se fai na páxina de conversa do usuario ou, se o fas dende a túa, debes comezar na resposta co símbolo @+nome do usuario para que lle chegue a resposta. De non facelo, o sistema non o avisa. Un saúdo e a seguir. --MAGHOI (conversa) 12 de xaneiro de 2022 ás 17:32 (UTC)

@MAGHOI non chegou algunha resposta? Iria.cestmoi (conversa) 12 de xaneiro de 2022 ás 18:21 (UTC)
Ola, de novo. Tes que poñelo así: @<nowiki>MAGHOI, quitando <nowiki>. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 13 de xaneiro de 2022 ás 11:51 (UTC)