Escola Dramática Galega (1978): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «Garcia»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «más»
Liña 7:
 
==Actividade==
A institución tiña a súa sede na [[A Coruña|Coruña]], nun baixo que adquiriron ao mesmo tempo que se tramitaba o cambio de nomenclatura no ano 1978. Esta concreción física da EDG faría moito máis notoria a súa presenza. O colectivo comezou a súa actividade dunha maneira frenética realizando un dos seus grandes proxectos: a publicación dos ''[[Cadernos da Escola Dramática Galega]]'' (1978), coa idea de escoller as pezas teatrais másmáis significativas da literatura galega universal. Foi dirixida e coordinada por [[Francisco Pillado Maior]] e [[Manuel Lourenzo]]. Ademais, no seu primeiro ano leváronse a cabo distintas tarefas nos distintos departamentos; por exemplo no de didácticas organizáronse cursos infantís de expresión e de preparación de actores, no de dramáticas elaboráronse varios espectáculos e no departamento de estudos puxéronse en marcha seminarios, presentacións de libros etc.
 
Finalmente, unha coprodución de tres obras -Electra, Hécuba e Helena-, as cales foron divididas entre dous directores, provocou a disolución da organización debido a que só unha delas recibiu financiamento e, en consecuencia, o resto dos participantes se sentiron excluídos. Este feito tivo un impacto tan negativo nas diferentes partes que non se pensou nunha posíbel reconciliación dos socios cooperativos, apuntando á disolución da institución como a mellor opción.