BenvidaEditar

Benvido, amigo. Os bots tamén falan galego. --BotDHojalata (conversa) 29 de maio de 2019 ás 19:26 (UTC)Responder[responder]

BandeiraEditar

Breogan2008, a conta xa ten bandeira de bot, cando queiras podes comezar a traballar, parabéns :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2019 ás 15:15 (UTC)Responder[responder]

axuda con categoríaEditar

Ola, Breogán! Como vai todo?

Quería pedirche axuda co bot. Poderías mover Categoría:Imaxes da semana a Categoría:Imaxe do día? Unha vez corrixida a categoría dos 588 ficheiros, cumpriría mover o contido da categoría vella á nova. Non hai urxencia ningunha. Moitas grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de agosto de 2022 ás 01:20 (UTC)Responder[responder]

Feito, movín a categoría e cambiei a categoría das imaxes. Algunhas delas seguen aparecendo na categoría vella, non sei o motivo. Bótalle un ollo!! Un saúdo. Breobot (conversa) 8 de agosto de 2022 ás 16:07 (UTC)Responder[responder]
Moitas grazas! Quedaran doce atrás porque eran redireccións, mais xa corrixín o asunto. Apertas!! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de agosto de 2022 ás 16:52 (UTC)Responder[responder]

Mai / NaiEditar

A RAG dáos como sinónimos e non estabelece preferencia. Por outra banda, o troco non agrega nada. Teño entendido que, no caso de alternativas duplas, adóitase repectar a elección do primeiro redactor/a. Prego que non se modifique mai por nai no que escribo eu, por exemplo, o artigo de Rodari. Saúdos!! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 26 de agosto de 2022 ás 21:34 (UTC)Responder[responder]