Confederación Suramericana de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «sé»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «fixoo»
Liña 3:
A CONMEBOL foi fundada en [[1916]] por iniciativa do uruguaio [[Héctor Rivadavia Gómez]] e composta nun primeiro momento polas asociacións nacionais da [[Arxentina]], [[Chile]], [[Uruguai]] e [[Brasil]]. Posteriormente fóronse unindo as restantes federacións até sumar as dez actuais, que fan desta confederación a máis pequena da FIFA por número de integrantes. [[Paraguai]] uniuse en [[1921]], [[Perú]] en [[1925]], [[Bolivia]] en [[1926]], [[Ecuador]] en [[1927]], [[Colombia]] en [[1936]] e por último [[Venezuela]] en [[1952]]. Ademais, aínda que a [[Güiana]], o [[Suriname]] e a [[Güiana francesa]] pertenzan ao continente suramericano, debido a razóns históricas, culturais e deportivas decidiron unirse á [[CONCACAF]].
 
Xunto coa UEFA, a CONMEBOL é unha das confederacións dominantes na FIFA, tendo gañado nove dos dezaoito [[Mundiais de Fútbol]] da FIFA, a pesar de só ter organizado catro. Así mesmo é a única Confederación que foi quen de gañar un Mundial forafóra do seu propio continente (de feito, fixoofíxoo en todos os continentes nos que se leva disputado). Dentro da CONMEBOL destacan dúas seleccións por enriba das demais, son o Brasil, que é a selección que conta cun maior número de títulos mundiais, e a Arxentina. Estas dúas seleccións, ademais de acaparar títulos mundiais (cinco e dous respectivamente) e continentais (oito e catorce respectivamente), permanecen ano tras ano nos postos de cabeza da clasificacións elaboradas pola FIFA e os seus clubs acaparan éxitos a nivel continental e global. Outra selección que tamén ten destacado é a do Uruguai, sobre todo nos seus inicios con dous títulos e dous cuartos postos en mundiais, e catorce títulos da [[Copa América]]. A nivel de [[club]]s a Confederación tamén obtivo éxitos importantes acadando un total de vinte e dúas [[Copas Intercontinentais]].
 
A Confederación organiza diferentes torneos entre os que destacan a nivel de clubs a [[Copa Libertadores]] (análoga á [[Copa de Europa]] da UEFA) e a [[Copa Suramericana]] (semellante á [Copa da UEFA]), ademais da [[Copa América]] a nivel de seleccións nacionais.