Pedro Calderón de la Barca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «abstracións»
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen notas}}
{{ortografía}}
{{1000 artigos icona título|materia=Literatura}}
{{Biografía}}
Liña 7 ⟶ 8:
== Traxectoria ==
=== Formación ===
Destinado polo seu pai ao [[Sacerdote|sacerdocio]] a fin de que se fixese cunha herdanza que só así podería ser cobrada, fixo os seus primeiros estudos no Colexio Imperial dos [[Compañía de Xesús|xesuítas]] de [[Madrid]]. Continuou nas universidades de [[Universidade de Alcalá|Alcalá]] e [[Universidade de Salamanca|Salamanca]], pero en [[1620]] abandonou os estudos relixiosos pola carreira militar, gañándogañando con iso a animadversión do seu pai. Iso deixará pegada no seu [[teatro]], onde é frecuente atopar conflitos edípicos entre pais e fillos.
 
=== Actividade literaria ===
Tres anos máis tarde deuse a coñecer como dramaturgo coa súa primeira [[comedia]], ''Amor, honor y poder''. Como todo mozo instruído da súa época, viaxou por [[Italia]] e [[Flandres]] e, dende 1625, proveu á Corte dun extenso repertorio dramático, gañándogañando con iso o aprecio do rei [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. En efecto, en 1635 escribiu [http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=3896 ''[[El mayor encanto, el amor]]''], para a inauguración do teatro do [[Xardíns do Retiro de Madrid|Palacio do Bo Retiro]] e, nomeado cabaleiro da [[Orde de Santiago]] polo rei, distinguiuse como soldado ao servizo do Duque do Infantado no sitio de [[Fonterrabía]] (1638) e na guerra de secesión de [[Historia de Cataluña|Cataluña]] (1640). Ordenado sacerdote en 1661, pouco tempo despois fíxoselle capelán dos [[Reis Novos de Toledo]]. Entón xa era o dramaturgo máis celebrado da corte e aínda en 1663 o rei seguiu distinguíndoo ao designalo como o seu capelán de honor, feito que lle obrigou a trasladar definitivamente a súa residencia a Madrid.
 
== Obra ==
Liña 27 ⟶ 28:
No seu segundo rexistro, o dramaturgo inventa, máis aló do repertorio cabaleiresco, unha forma poético-simbólica descoñecida antes del e que configura un teatro esencialmente lírico, cuxos personaxes se elevan cara ao simbólico e o espiritual. Escribe entón fundamentalmente dramas filosóficos ou teolóxicos, autos sacramentais e comedias mitolóxicas ou palatinas.
 
Calderón destaca sobre todo como creador deses personaxes barrocos, intimamente desequilibrados por unha paixón tráxica, que aparecen en "El príncipe constante", "La devoción de la cruz" ou "El mágico prodigioso", no que a crenza no libre albedrío mestúrase cun sutil pero radical antiintelectualismo no que a verdade do catolicismo contrarreformista e tridentino é a única resposta ás dúbidas xurdidas do estudo ou da meditación. O seu personaxe máis universal é o desgarrado Sexismundo de Polonia de [http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=77 ''[[La vida es sueño]]''], considerada como a peza cume do teatro calderoniano. Esta obra, paradigma do xénero de comedias filosóficas e com profundas raíces ideolóxicas contrarreformistas no seu concepto dun mundo irracional, idealista e negador dos valores humanos, recolle e dramatiza as cuestións máis transcendentais da súa época: a liberdade ou o poder da vontade fronte ao destino, o escepticismo ante as aparencias sensibles, a precariedade da existencia, considerada como un simple soño ou ilusión e, talvez, a consoladora idea de que, ata en soños, se pode aínda facer o ben. Ten esta obra varias versións feitas por el mesmo. Tamén se apunta nela, aínda que moi en segundo plano, o tema da educación, tan desenvolvida posteriormente no século XVIII.
 
Neste segundo rexistro, leva á súa perfección o chamado [[auto sacramental]], peza alegórica nun acto de tema eucarístico destinada a representarse o día do [[Corpus Christi|Corpus]]. Por mencionar só algúns, citaremos [http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=4887 ''[[El gran teatro del mundo]]''] ou ''La cena del rey Baltasar''. Nesta última, permea un profundo [[antisemitismo]] con verdadeiras incitacións á violencia racista e relixiosa. Así é tamén o caso en ''El santo rey don Fernando'', ''No hay instante sin milagro'' ou ''El socorro general''. Por exemplo, ''[https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/el-cordero-de-isaias--0/html/ff2914e4-82b1-11df-acc7-002185ce6064_2.html [El cordero de Isaías]]'' é na realidade unha escenificación dos estereotipos mais ferintes e comúns sobre os xudeus numnun contexto social e político marcado pola ortodoxia antirreformista, por unha parte, e a ideoloxía social da caste e da pureza do sangue, por outra.
 
== O teatro cómico de Calderón ==
Liña 36 ⟶ 37:
 
== Os personaxes de Calderón ==
O teatro de Caldrón presenta unha grande concentración no heroe central da obra, o que conlevaimplica unha maior dose de subxetivismo. Os heroes de Calderón son heroes razoadores, pensantes e monologadores a manexar conceptos, abstraccións e todos os elementos ideolóxicos da época recollidos nunha abafante sofisticación estilística e habilísimo manexo escenográfico. A dramática calderoniana é un extraordinario exemplo de literatura ao servizo dunha ideoloxía<ref>{{Cita libro|título=Historia social de la literatura española en lengua castellana|apelidos=Blanco Aguinaga|nome=Carlos|editorial=Castalia|ano=1978|ISBN=84-7039-297-2|apelidos2=Rodríguez Puértolas|nome2=Julio|apelidos3=Zavala|nome3=Iris M.}}</ref>, destacando o [[estoicismo]] filosófico cristianizado, o [[Neoescolástica|neoescolasticismo]] e o [[Contrarreforma|contrarreformismo]] [[Concilio de Trento|tridentino]] máis consciente. Son básicos os característicos conceptos sobre o desengano e a inutilidade da vida e do humano, orixinado todo pola crenza no pecado orixinal e no libre albedrío. É entre estes dous extremos polarizadores que os conflitivos personaxes de Calderón se moven, xunto coa aceptación dos valores dunha sociedade ríxidamenterixidamente xerarquizada en castes. As obras dedicadas ao tema dos ciúmescelos e a limpeza sanguenta da honra elevan ao seu autor ás cimas da exaltación casticista e patriarcal. Os maridos calderonianos son seres complexos, atormentados e conflitivos, suxeitos á rixidez da honra e da opinión social, da que son perfectamente conscientes, como acontece en ''El pintor de su deshonra'' ou ''El médico de su honra,'' onde a esposa é totalmente inocente, a pesar de ter todas as aparencias na súa contra. Na realidade, a casuística adquire aquí categoría estrutural, como en ''A secreto agravio, secreta venganza:'' personaxes neuróticos capaces de razoar e argumentar sobre o labirinto no que foron colocados polo casticismo, mais incapaces de escapar da opresiva rede ideolóxica expresada no código de honra e do autoritarismo patriarcal da institución matrimonial. Personaxes incapaces, en fin, de deixar de considerar a muller como obxecto de posesión persoal.
 
== A dramaturxia calderoniana ==