Escola Oficial de Idiomas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «com»
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Escola Oficial de Idiomas, Vigo.jpg|miniatura|295px|Detalle da fachada da Escola Oficial de Idiomas de [[Vigo]].]]
As '''Escolas Oficiais de Idiomas''' ('''EOI''') de España conforman unha rede de centros oficiais de nivel non universitario dedicados á ensinanza especializada de idiomas modernos. As EEOOIIEOI son centros dependentes das Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas e están enmarcadas dentro dos centros de réxime especial.
 
==Escolas Oficiais de Idiomas en España==
En [[España]], os estudos das '''Escolas Oficiais de Idiomas''' (EE.OO.II.), están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de decembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:
*Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
*Ciclo Superior (2 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).