Batalla da Ponte Milvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''batalla da Ponte Milvio''', aconteceulibrada o [[28 de outubro]] de [[312]], enfrontáronseenfrontou osaos emperadoresCésares romanosde Roma [[Constantino I o Grande|Constantino I]] e [[Maxencio]],. oConstantino gañadorresultou foi Constantinovitorioso e foiunificou baixo o primeiroseu chanzomando quea puxometade finoccidental dado imperio romano. Iniciouse así o proceso que rematou coa [[Tetrarquía]] eno que324 conduciue afixo quede Constantino quedase comoo único gobernante do [[Imperio Romano]].
[[Ficheiro:Dream of Constantine Milvius BnF MS Gr510 fol440.jpg|miniatura|300 px|Soño de Constantino I e batalla da Ponte Milvio]]
A '''batalla da Ponte Milvio''' aconteceu o [[28 de outubro]] de [[312]], enfrontáronse os emperadores romanos [[Constantino I o Grande|Constantino I]] e [[Maxencio]], o gañador foi Constantino e foi o primeiro chanzo que puxo fin da [[Tetrarquía]] e que conduciu a que Constantino quedase como único gobernante do [[Imperio Romano]].
 
== Contexto histórico ==
A causa subxacente da batalla era a disputa que duraba cinco anos entre Constantino e Maxencio sobre o control da metade occidental do Imperio e que chegou a hostilidade aberta na primavera de 312, atravesou o norte de Italia e chegou a [[Roma]] en outubro, acampou na proximidades da [[Prima Porta]], Maxencio aproveitando a superioridade numérica do seu exército decidiu atacar antes que cruzase a Ponte Milvio e entrase na cidade, Constantino, un hábil xeneral, saíu vitorioso, empurrou as tropas de Maxencio cara ao [[Tíber]], Maxencio decidiu recuar pola única vía que había libre, pola ponte Milvio e unha ponte de barcas colocada ao seu lado, que colapsou, masacrando as tropas de Constantino a gran parte do exército de Maxencio. Constantino entrou en Roma e proclamado único Augusto de occidente, mantendo aínda a tetrarquía. Constantino atribuíu a vitoria ao [[deus]] dos cristiáns e anulou a prohibición do seu culto nos dominios que controlaba. As cohortes pretorianas vencidas, que quitaran e puxeran emperadores, non se reconstituíron máis, desaparecendo da historia de Roma.
Como membros da Tetrarquía, Maxencio e Constantino foron recoñecidos como Césares no ano 306, ao sucederen os seus pais Maximiano e Constanzo. Maxencio asumiu o goberno das provincias de Italia e África, asentándose en Roma. Constantino, pola súa parte, estabeleceu a súa capital en Tréveris, posto que se ocupaba da Britania e da Galia. As ambicións persoais dos membros da Tetrarquía multiplicaron os roces entre os seus membros, evidenciando que o sistema concibido por Diocleciano non funcionaba. De feito, no 311 Constantino combatera tamén os soldados de Maximiano, de novo no poder, até derrotalo en Marsella. Maximiano morreu na campaña, se ben non está claro se a súa morte se debeu a un asasinato ordenado por Constantino ou ben foi impulsado ao suicidio.
 
== A batalla ==
No ano 312 Constantino era xa un comandante experimentado. Ademais da campaña contra o seu sogro Maximiniano, ocupado no control da fronteira da Rin realizara varias expedicións contra os xermanos. Segundo as fontes, Constantino tomou unha pequena parte das lexións destinadas a esta tarefa e puxo rumbo a Italia, onde chegou en poucas semanas. Pasados os Alpes, derrotou as gornicións que Maxencio estacionara en Turín, Milán, Módena, Verona e Aquileia.
 
Controlado o norte de Italia, chegou a [[Roma]] en outubro e acampou na proximidades da [[Prima Porta]]. Maxencio saiu co seu exército o 28 de outubro pola Via Flaminia, que entraba a Roma polo norte a través da Ponte Milvio, e presentou batalla. Non está clara a razón pola cal Maxencio, en lugar de resistir no interior de Roma, decidiu acometer as tropas de Constantino. Segundo as fontes clásicas, Maxencio guiouse polos vaticinios dos harúspices e polo feito de que ese día celebraba o sexto aniversario da súa chegada ao trono. É posible tamén que se vise apremado polo descontento na cidade.
 
Constantino, un hábil xeneral, logrou empurrar as tropas de Maxencio, compostas en boa medida de soldados pretorianos, cara ao [[Tíber]]. Cando Maxencio decidiu recuar e regresar á cidade, pereceu con boa parte do seu exército afogado no río.
 
Ao que parece, a ponte Milvio fora derrubada por orde do propio Maxencio con anterioridade para impedir a entrada do exército de Constantino. Lactancio e outros autores clásicos afirman que Maxencio pasou o río usando unha ponte de barcas colocada a carón da ponte destruída, un procedemento habitual cando o exército romano debía cruzar un río. Na retirada de Maxencio a ponte colapsou, facilitando o masacre efectuado polas tropas de Constantino.
 
== Consecuencias da batalla ==
Constantino entrou en Roma ao día seguinte da batalla. Foi proclamado único Augusto de Occidente, se ben a Tetrarquía aínda se mantivo, pois Licinio e Maximino cogobernaban en Oriente. Maximino, porén, será derrotado por Licinio ao ano seguinte. Licinio e Constantino cogorbenarán até o 324, en que Constantino forzou a abdicación de Licinio.
 
A batalla de Ponte Milvio supuxo a desaparición das cohortes pretorianas, posicionadas do lado de Maxencio. Os soldados supervivintes foron repartidos entre as unidades de fronteira. O Senado decretou unha celebración pola vitoria de Constantino, aínda que non está claro se a celebración tiña a categoría dun triunfo ou dun ''adventus''. En calquera caso, en conmemoración da batalla, o Senado ordenou a construción do Arco de Constantino, que aínda permanece en pé a carón do Coliseo.
 
Segundo autores como Lactancio ou Eusebio de Cesárea, Constantino soñou na noite previa á batalla co Deus dos cristiáns. No soño Deus pedíalle que colocase o lábaro, o emblema de Cristo, no escudo dos seus soldados se quería gañar a batalla. Posto que este relato non comezou a facerse popular até os últimos anos do reinado de Constantino, a historiografía debate aínda sobre a realidade dese soño. Hai especialistas que pensan que o soño foi real e deducen do relato que Constantino xa se convertera ao catolicismo previamente. Porén, hai que pensa que o relato foi creado polos historiadores cristiáns co obxectivo de gañar máis lexitimidade para a Igrexa católica. O certo é que, Constantino suspendeu a persecución contra os cristiáns a partir da batalla e que a Igrexa católica gañou gran relevancia social a partir dela.
 
{{Control de autoridades}}