Esperanza Guisán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «un arte» + mejoras cosméticas
Liña 64:
Por outra parte, a posibilidade dunha liberdade sen restricións resultaría un inconvinte, polo que sería preciso establecer algún tipo de normativa para garantir a “liberdade igual” de tódolos compoñentes do grupo humano. Neste sentido, a ética posibilitaría un instrumento liberador das capacidades creativas do ser humano de forma que estas permitan a transformación e o cambio social.
==== Introdución á ética (1995) ====
Esperanza Guisán dedica esta obra a expoñer un repaso dos principais fundamentos históricos da ética, así coma a dar resposta ao porqué da necesidade de construción dun pensamento ético. Na obra sostén que a pesar de existir diferentes enfoques sobre ética, estes non son infinitos, xa que hai un consenso mínimo acerca do seu obxecto de estudo. Polo tanto, aínda que esta disciplina non teña o mesmo grao de exactitude que outras materias, si goza dun certo estatuto de racionalidade, que a afasta da arbitrariedade, do [[Subxectivismo|subxectivismo]], e do [[Escepticismo|escepticismo]]. A ética constitúe unha técnica, unha ciencia e ununha arte. Amosa non só os límites, senón as infinitas posibilidades do noso chegar a saber: as posibilidades de creación e recreación das nosas relacións humanas, a orde social, política, económica, etc. Para ela, esta ocúpase de todas as ordes do saber que sexan susceptibles de ser recreadas, examinadas e melloradas. Evidencia a vontade de transformación, liberación e cambio do ser humano, coas súas limitacións e potencialidades.
 
==== A ética mira á esquerda (2004) ====