Domingo García-Sabell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
Era fillo dun procurador de tribunais.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Dicionario enciclopedia do pensamento galego|apelidos=Torres Queiruga|nome=Andrés|editorial=Xerais|ano=2008|ISBN=978-84-9782-883-3|ref=|apelidos2=Rivas García|nome2=Manuel|lugar=Vigo, España|páxinas=126-132|OCLC=595706980}}</ref> Entre 1925 e 1931 estudou [[medicina]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Durante a súa etapa de estudante destacou non só no académico, tamén pola activa militancia na [[Federación Universitaria Escolar]] (FUE), da que foi presidente,<ref name=":1">{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2003/08/06/revistaverano/1060120822_850215.html|páxina-web=El País|título=Domingo García-Sabell, médico, escritor, político y humanista|data-acceso=15/02/2021|apelidos=Pereiro|nome=Xosé Manuel|ano=|data=06/08/2003|lingua=castelán}}</ref> organización que tivo un importante papel democrático durante a [[ditadura de Primo de Rivera]] e a [[Segunda República Española]]<ref name=":2">{{Cita web|url=http://dbe.rah.es/biografias/10422/domingo-garcia-sabell-rivas|páxina-web=Real Academia de la Historia|título=Domingo García-Sabell Rivas|data-acceso=15/02/2021|apelidos=Agís Villaverde|nome=Marcelino|lingua=castelán}}</ref>. Nesta etapa coincidiu con [[Rafael Dieste]], [[Carlos Maside]], [[Ánxel Fole]], [[Jesús Bal y Gay]], e [[Luís Seoane]] entre outros.<ref name=":0" />
 
As súas aptitudes levárono a integrar o cadro de profesores e investigadores da [[Facultade de Medicina de Santiago de Compostela|Facultade de Medicina]]. Ao rematar a súa formación, obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura e ampliou estudos en [[Suíza]] e [[Alemaña]].<ref name=":0" /> <ref name=":2" /> No país xermano familiarizouse co pensamento de [[Max Scheler]] e [[Martin Heidegger]], entre outros. Tamén tomou contacto coa escola médica de [[Heidelberg]], que introduce como principal achega o valor do doente na Patoloxía. Esta iniciación filosófica derivará nun pulo humanizador da medicina que o acompañará ao longo da súa vida intelectual e profesional.<ref name=":2" /><ref name=":1" /><ref name=":0" />
 
No Hospital da Charité de [[Berlín]] traballou xunto a [[Gustav von Bergmann]], interesado pola patoloxía funcional. Posteriormente ingresou no [[Instituto Pasteur]] de [[París]], para investigar no campo da bacterioloxía con [[Amadée Guy]]. En Madrid traballou co catedrático [[Gustavo Pittaluga Fattorini]] no Servizo de Hematoloxía.<ref>{{Cita web|url=http://webs.ucm.es/BUCM/med/archivo/ficha_medico.php?id_medico=1938|páxina-web=Biblioteca Complutense|título=Médicos Históricos|data-acceso=15/02/2021}}</ref>
 
En 1932 defendeu a súa tese de doutoramento "''El metabolismo intermediario en la obesidad''"<ref>{{Cita web|url=https://dialnet.unirioja.es/servlet/tesis?codigo=273167|páxina-web=Dialnet|título=El metabolismo intermediario en la obesidad|data-acceso=15/02/2021}}</ref> na [[Universidade de Madrid|Universidad Central]] (actual Complutense de Madrid). Foi dirixido por [[Carlos Jiménez Díaz]] e foi recoñecido co Premio Extraordinario de Doutoramento.<ref name=":0" /><ref name=":2" />
 
De regreso a Compostela, fixo amizade con [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]], [[Roberto Nóvoa|Roberto Nóvoa Santos]], [[Miguel de Unamuno]], [[Ramón María del Valle-Inclán]], [[Gonzalo Torrente Ballester]] e [[Ramón Otero Pedrayo]], de quen foi médico.<ref name=":1" /> Neste contexto vital e intelectual xermolaron os seus grandes compromisos co humanismo e a visión antropolóxica da medicina, de Galicia e do mundo da cultura.<ref name=":2" /><ref name=":1" /><ref name=":0" />