Quimperlé: Diferenzas entre revisións

comuna francesa
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. da wiki en castelán.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2021 ás 00:02

Coordenadas: 47°52′22″N 3°32′59″O / 47.87278, -3.54972 Modelo:Cidade Quimperlé (Kemperlé en bretón),[1] é unha comuna francesa do departamento de Finistère, na rexión de Bretaña.

Xeografía

Qumimperlé está situada no sueste do departamento de Finistère, a 19,7 km de Lorient e a 44 km de Quimper.

O nome Quimperlé ven de "kemper", que significa confluencia en bretón, e de "Ellé", un dos ríos que atraveesan a localidade. Efectivamente, o Ellé e o Isole conflúen á altura de Quimperlé para dar lugar a La Laïta, unha ría de 15 km que foi navegábel noutro tempo e que permitiu a aparición dun porto en Quimperlé.

A nivel urbano distíngues claramente a cidade baixa, situada na confluencia dos ríos e polarizada historicamente pola abadía da Sainte-Croix, da cidade alta, xurdida ao redor da igrexa de Saint-Michel.

Demografía

Serie de poboación histórica de Quimperlé
(Fonte/s: INSEE)
Ano17931800185119011936195419681975199020072012
Poboación4 5495 6176 1149 0369 33510 03010 69810 90710 74810 87712 052

Historia

Durante a Alta Idade Media debeu existir un primeiro asentamento bretón que foi destruído no ano 868 debido a unha incursión normanda. A cidade, unha vez reconstruída, tomou o nome actual.

Segundo a tradición, o 14 de setembro de 1029 foi fundada a abadía benedictina da Sainte-Croix, que se arrequeceu rapidamente e despertou a codicia dos condes de Cornualles e despois dos duques de Bretaña. Non en van o xeógrafo árabe Al Idrissí aseguraba en 1154 que "Kimberlik" era «unha cidade ben situada, pequena e animada, que posúe mercados activos e moitas industrias». No século XIII o duque Xoán I o Vermello mandou construír unha muralla para protexer á cidade baixa.

Durante o século XVI Quimperlé non se librou das perturbacións orixinadas polas guerras de relixión francesas, e incluso chegou a ser brevemente ocupada en 1594 polo exército español comandado por Juan del Águila. No séclo XVIII o comercio marítimo debilitouse debido á sedimentación na La Laïta, porén a actividade industrial aumentou, impulso que se acentuarí no século XIX.

Galería

Notas