Xulio Alonso Sánchez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «estudios»
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo de José María Alonso Álvarez e María Sánchez Cobas. Realizou os estudos en [[Lugo]] ata alcanzar o grao de Bacharel. Ingresou na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en setembro de [[1879]], matriculándose na Facultade de Dereito con vinte anos. Rematada a carreira, ingresou no corpo de notarios e foi destinado a [[Cangas do Morrazo]]. Colaborou nas periódicos lucenses ''[[A Monteira (periódico)|A Monteira]]'' e ''[[O Labrego]]'' con artigos sobre ás cuestións agrarias. En ''A Monteira'' tamén apareceu un artigo sobre o músico Xan Diz. En [[1908]] participou na enquisa realizada por ''[[Faro de Vigo]]'' sobre a redención dos foros, e en marzo de [[1914]] circulou pola prensa radical-lerrouxista a súa ''Memoria sobre foros y subforos y medios de proceder equitativamente a su desaparición'', que apareceu en ''[[La Libertad (Pontevedra)|La Libertad]]'' de [[Pontevedra]] e ''El Radical'' de Madrid. Doou á [[Deputación de Lugo]] dous violíns de extraordinario valor.
 
Como narrador en galego, é autor de dous relatos costumistas publicados en ''A Monteira'': "O chufón" (1889) e "Unha voda" (1890).