Raimundo de Borgoña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Corrixo o evidente erro "Guido foi arcebispo de Viena" por "Guido foi arcebispo de Vienne". Guy de Bourgogne, irmán de Raimundo e futuro Calisto II, foi bispo na Vienne francesa.
Liña 33:
Durante os seus primeiros anos, Raimundo gobernou como conde o ''pagus'' de [[Amous]], unha das catro divisións administrativas do Condado borgoñón<ref>BARÓN FARALDO 2017. p. 24.</ref>. A maioría dos seus irmáns ocuparon tamén importantes cargos na aristocracia europea do seu tempo: O seu irmán mais vello, [[Rexinaldo II de Borgoña|Rexinaldo II]], herdou o condado do seu pai. Faleceu en [[Terra Santa]] na [[Cruzadas#Primeira cruzada|primeira cruzada]]; o segundo irmán, [[Estevo I de Borgoña|Estevo I]], asumiu a rexencia do condado á morte de Rexinaldo. Acudiu tamén ás cruzadas onde morreu no [[1102]]; [[Hugo|Hugo de Borgoña]], foi arcebispo de [[Besançon]]; [[Sibila de borgoña|Sibila de Borgoña]], foi [[Ducado de Borgoña|duquesa de Borgoña]] ([[Reino de Francia]]) polo seu casamento co duque [[Eudes I de Borgoña]]; [[Gisela de borgoña|Gisela de Borgoña]] foi condesa de Savoia, etc...<ref>BARÓN FARALDO 2017. pp. 63-81</ref>
 
Entre todos os irmáns destaca pola súa importancia, Guido, cuarto fillo do conde Guillerme. Guido foi arcebispo de [[VienaVienne, Isère|Vienne]] desde o ano 1088 e posteriormente, no ano 1109, alcanzou o pontificado baixo o nome de [[Calisto II, papa|Calisto II]]. Moi relacionado con Galicia, foi un firme defensor dos dereitos hereditarios do fillo de Raimundo, o seu sobriño Afonso VII. Tamén foi o impulsor das peregrinacións xacobeas ao conceder á sé [[Arcebispado de Santiago de Compostela|eclesiástica de Compostela]] a dignidade metropolitana de [[Mérida, España|Mérida]]<ref>{{Cita libro|título=Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela|apelidos=López Ferreiro|nome=Antonio|editorial=|ano=1901|ISBN=|url=https://archive.org/stream/historiadelasant04lpez#page/n9|volume=4|páxinas=7-8|ref=}}</ref> e instaurar o [[ano santo xacobeo]]<ref>{{Cita libro|título=Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela|apelidos=López Ferreiro|nome=Antonio|editorial=|ano=1901|ISBN=|url=https://archive.org/stream/historiadelasant04lpez#page/330|volume=4|páxina=330|ref=}}</ref>. Atribuíuselle a autoría de parte do [[Códice Calixtino|códice calixtino]], manuscrito que porta o seu nome.
 
== Chegada á península ibérica ==