Viaxe no tempo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo *londinense por londiniense
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
→‎Liñas de tempo mutábeis: dende o galego: eran tres veces
Liña 235:
É máis difícil de explica-la viaxe a través do tempo nun universo tipo 2 («a liña de tempo é flexíbel e está suxeita ás modificacións»). O meirande problema é como explica-las modificacións no pasado. Un método de explicación é que unha vez que se modifica o pasado, tamén o fan as lembranzas de tódolos observadores. Isto significa que ningún observador se pode decatar das modificacións no pasado (por mor de que non lembrará a modificación). Isto sería máis difícil de explicar se se está nun universo tipo 1 ou tipo 2.
 
Con todo, pódese deducir que xa se coñece que: ''a'') a comunicación co pasado é posíbel e ''b'') parece que a liña de tempo nunca foi alterada como resultado dunha acción que alguén lembre realizar, aínda que exista a evidencia de que outra xente está a modifica-las liñas de tempo. Un exemplo desta clase de universo preséntase nunha novela de [[James P. Hogan]], ''Thrice Upon a Time'' («HabíaEran tres veces», parafraseando o principio dos contos «HabíaEra unha vez...»).
 
Larry Niven suxire que nun universo tipo 2.1, o xeito máis eficiente para que un universo corrixa unha modificación é que a viaxe no tempo non sexa descuberta, e nun tipo 2.2, o gran número (ou infinito número) de viaxeiros do tempo dos interminábeis futuros provocarían modificacións na liña de tempo ata chegar a unha historia onde a viaxe no tempo nunca fose descuberta. Con todo, moitas outras situacións «estábeis» tamén existen nas que a viaxe no tempo ocorre sen que se xeren paradoxos. Se a liña de tempo, que se pode trocar, do universo se atopa nun estado onde xa non terá máis modificacións, ós habitantes deste universo pareceralles un escenario idéntico ó 1.2.