A viaxe no tempo é un concepto de desprazamento cara a diante ou cara a atrás en diferentes puntos do tempo, do mesmo xeito que se fai no espazo. Adicionalmente, algunhas interpretacións da viaxe no tempo suxiren a posibilidade de viaxes entre realidades ou universos paralelos.

Dimensións espaciais e temporais dun evento, dende o punto de vista da luz

As viaxes a través do tempo na física editar

Movementos no tempo e no espazo editar

Algunhas teorías suxiren o feito de que nos movemos cara a adiante no tempo, e cara a adiante e cara a atrás no espazo. Por mor de que o espazo e o tempo están dalgún xeito ligados, viaxar cara a adiante ou cara a atrás no tempo teoricamente non sería un imposíbel.

Segundo un aspecto xa demostrado da teoría da relatividade, viaxar a velocidades próximas á velocidade da luz pode ocasionar a dilatación do tempo, o que provoca que o tempo do individuo que viaxa a esa velocidade corra máis devagar. Dende a perspectiva do viaxeiro, o tempo «externo» parece fluír máis rapidamente, causando que o viaxeiro chegue a un lugar máis adiante no futuro.

Na física, o concepto de viaxe no tempo foi frecuentemente utilizado para examina-las consecuencias de teorías físicas coma a relatividade especial, a relatividade xeral e a mecánica cuántica. Non existe evidencia experimental da viaxe no tempo, e non se entenderon perfectamente as teorías actuais da física que permitirían calquera clase de viaxe no tempo. Aínda que existen teorías sobre a posibilidade de saltar lapsos de tempo a partir dun punto a outro.

A posibilidade das viaxes no tempo editar

A teoría especial da relatividade de Albert Einstein (e por extensión a teoría xeral) permite explicitamente un tipo de dilatación temporal que ordinariamente se podería denominar «viaxe no tempo». A teoría sostén que para un observador estacionario, o tempo parece fluír máis devagar para os corpos que se desprazan rapidamente: por exemplo, un reloxo que se despraza parecerá correr máis lento; ó incrementa-la súa velocidade e achegarse á velocidade da luz parecerá deterse completamente.

Con todo, este efecto só permite a «viaxe no tempo» cara a adiante no futuro, nunca cara a atrás. Este tipo de viaxe non é típico da ficción científica, e téñense poucas dúbidas sobre a súa existencia; con todo, de aquí en diante «viaxe no tempo» referirase ó percorrido con algún grao de liberdade cara ó pasado ou cara ó futuro.

Na comunidade científica moitos cren que a viaxe a través do tempo é imposíbel. Esta crenza é en gran parte por mor da teoría da navalla de Occam. Calquera teoría que permita a viaxe no tempo require que algunhas situacións de causalidade sexan resoltas. Que pasaría se alguén trata de viaxar no tempo e mata o seu propio avó? (Ve-lo «paradoxo do avó»).

Ademais, en ausencia de calquera evidencia experimental da posibilidade da viaxe no tempo, é teoricamente máis simple supor que non pode ocorrer. De feito, o físico Stephen Hawking suxeriu que a ausencia de turistas do futuro constitúe un forte argumento en contra da existencia da viaxe no tempo. Iso sería unha variante do paradoxo de Fermi («se non hai visitantes extraterrestres é porque os extraterrestres non existen»), onde se falaría de «viaxeiros do tempo» no canto de «visitantes extraterrestres». Dadas estas circunstancias, outros suxiren —ós que sosteñen a posición de Stephen Hawking— que no caso de que nun futuro o ser humano puidera viaxar ó pasado, este non podería regresar a un espazo temporal anterior ó momento da revisión da devandita máquina do tempo.

Tamén suxiren que ó viaxar ó pasado estariamos «a crear» un universo paralelo e non viaxariamos a un pasado determinado senón a unha copia deste pero cunha diferenza: un turista espacial. Teriamos así dous espazos temporais simultáneos: un onde aparece un turista do tempo e outro onde non aparece. Esta sería unha hipótese para discutirmo-lo paradoxo de «Se mañá programo unha viaxe a hoxe para me dicir “ola”, ¿por que hoxe non teño un dobre ó meu carón a me dicir “ola”»? Con todo, asumindo que a viaxe temporal non puidese ocorrer, tamén sería un tema interesante para os físicos porque lles ofrecería a pregunta de por que e que leis físicas evitan que ocorra a viaxe temporal.

A visión «presentista» editar

O presentismo sostén que nin o futuro nin o pasado existen, que a materia do universo só existe no presente, e que o tempo é simplemente un concepto do ser humano utilizado para describir o que acontece no seu arredor. Deste xeito non habería un lugar onde o viaxeiro do tempo puidese ir, o que anula o tema da viaxe a través do tempo.

Con todo, a teoría da relatividade na simultaniedade (dentro do marco da física moderna) pon en cuestión o presentismo e favorece a visión coñecida coma tetradimensionalismo (relacionado coa idea dos bloques de tempo), no cal os eventos pasados, presentes e futuros coexisten todos nun mesmo espazo-tempo.

Os equivalentes de viaxe temporal e viaxe á velocidade da luz editar

Primeiro de nada, se alguén é capaz de mover información dun punto a outro máis rápido que a velocidade da luz, de acordo coa relatividad especial, poderase observa-la transferencia de información viaxando ó pasado.

A teoría xeral da relatividade de Einstein amplía a teoría especial para cubri-la gravidade. Faise isto postulando que a materia «curva» o espazo que se atopa no seu redor. Pero baixo a relatividade, as propiedades do espazo son permutábeis coas propiedades do tempo, dependendo da perspectiva do observador, de xeito que unha traxectoria curvada a través do espazo pode ser unha traxectoria curvada a través do tempo.

Nunha medida moderada, isto permite que traxectorias liñais de diferentes lonxitudes poidan conecta-los mesmos puntos no espazo; nunha medida extrema, teoricamente, poderá permitir que liñas temporais se curven ó redor dun círculo e se reconecten co seu propio pasado.

A relatividade xeral describe o universo coma un sistema complexo de «ecuacións do campo», e existen solucións para estas ecuacións que permiten as chamadas «curvas temporais pechadas», e polo tanto a viaxe a través do tempo cara ó pasado.

A primeira e máis famosa foi proposta por Kurt Gödel, pero tódolos exemplos actuais requiren que o universo teña certas características físicas que non parece posuír. Descoñécese se a relatividad xeral prohibe curvas temporais pechadas para tódalas condicións realistas. A maioría dos físicos cren que así é, en gran parte porque se se asume un certo principio en contra da viaxe temporal prevense o acontecemento de situacións paradoxais.

Viaxes ó futuro editar

A máquina do tempo (unidireccional) editar

Viaxar ó futuro non ten, na realidade, nada de particular. O tempo flúe sempre na mesma dirección e só temos que sentar a agardar a que o futuro chegue ata nós. Con todo, esa viaxe pode ser un chisco longa para unha vida humana. Se queremos coñece-lo que acontecerá mañá, só temos que ter un chisco de paciencia, pero a cuestión complícase se queremos ve-los nosos tataranetos e parece fóra de toda posibilidade contempla-la nosa civilización dentro de mil anos. O efecto relativista da dilatación do tempo ofrécenos, polo menos teoricamente, a posibilidade de viaxar ó futuro evitando envellecer.

No paradoxo dos xemelgos, os dous irmáns atopábanse no futuro pero percorreran camiños diferentes, e un deles, o que se acelerara ata viaxar a gran velocidade nunha nave espacial, reducirá o seu envellecemento. Canto podemos limita-lo envellecemento? Teoricamente podémolo limitar tanto como queiramos xa que segundo a fórmula da dilatación temporal podemos facer que o tempo transcorra tan devagar como desexemos, sempre que a velocidade da nave se aproxime dabondo á da luz. Se conseguimos que a velocidade da nave sexa un 90% da da luz, só gañariamos un modesto factor dous na nosa viaxe ó futuro. Pero para facer viaxes interesantes ó futuro necesitamos que o foguete vaia a velocidades realmente considerábeis. Por exemplo, se a velocidade do foguete for un 99,99% a da luz, cando o tempo transcorrido no foguete for dun ano na Terra transcorrería un século. E o foguete tería que viaxar a unha velocidade dun 99,9999% da da luz para poder viaxar ó futuro dentro de mil anos envellecendo só un.

Para viaxar a futuros máis afastados «só» sería preciso facer que a velocidade for aínda máis próxima á da luz. A nosa nave viaxando a gran velocidade nun camiño con orixe e regreso á Terra é unha máquina do tempo para viaxar ó futuro que, na medida en que sexamos capaces de incrementa-la súa velocidade, pódenos levar sen envellecer para calquera tempo posterior ó noso.

É evidente que a construción desta nave, desta máquina do tempo, está fóra das posibilidades técnicas da nosa civilización. Con todo, hai exemplos que demostran que a idea é correcta. Na Terra recibimos partículas que veñen do centro da nosa galaxia a distancias que a luz tarda milleiros de anos en percorrer. É dicir, foron producidas hai milleiros de anos terrestres. Con todo, estas partículas non poden resistir unha viaxe nin sequera dun minuto xa que se desintegran en cuestión de segundos logo de ser creadas. Como explicar este paradoxo? Facendo uso da dilatación temporal: as partículas foron aceleradas a velocidades tan próximas á da luz, que só envelleceran segundos mentres que na Terra transcorrían milleiros de anos.

A nosa máquina do tempo é unidireccional, só nos permite viaxar ó futuro. Isto, sen dúbida, limita moito o encanto da viaxe. Non sería posíbel, por exemplo, viaxar ó futuro para botar unha ollada ós resultados dun xogo de azar e volver atrás... A posibilidade de viaxar ó pasado, que é o que fai realmente interesante unha máquina do tempo, é moi dubidosa e pode afectar a principios moi xerais. Sen perder de vista estas restricións, máis adiante discutiremos como poderiamos transforma-la nosa máquina do tempo unidireccional baseada no paradoxo dos xemelgos nunha máquina do tempo de dúas direccións usando un «burato de verme».

As viaxes no tempo requiren moita imaxinación. Fundamentalmente ficción. Por moito que se viaxe á velocidade da luz, o noso desprazamento sería efectuado a razón de 300.000 km/s. Teriamos percorrido unha distancia de 300.000 km nun só segundo, o mesmo segundo que transcorrería na Terra. En consecuencia, o viaxeiro envellecería o mesmo que o que non viaxa: ámbolos dous serán o mesmo segundo máis vellos. A única diferenza é que no mesmo segundo un estivo en movemento e o outro non. Por máis que se fagan as contas, o resultado sempre é o mesmo. A velocidade da luz é un parámetro de espazo e movemento que permite calcular distancias astronómicas. Significa que se queremos viaxar á constelación de Tucano, necesitarase emprega-la cifra de 12.000 millóns de anos viaxando á velocidade da luz, e outro tanto en volver. No cómputo global para completa-lo percorrido de ida e volta, para o viaxeiro e o non-viaxeiro terían que transcorrer 24.000 millóns de anos. É dicir, imposíbel (de momento). Así pois, non hai oportunidades para posíbeis paradoxos. Outro asunto é que matemática ou metafisicamente se pretenda traducir en ecuacións o que só é froito dun desexo.

O uso dos buratos de verme editar

 
Analoxía 2D dun burato de verme

Unha máquina de viaxe temporal proposta que utilice un burato de verme funcionaría (hipoteticamente) do seguinte xeito: créase dalgún xeito un burato de verme. Un extremo do túnel é acelerado a unha velocidade próxima á da luz, quizais cunha nave espacial avanzada, e daquela regrésase de volta ó momento de orixe. Por mor da dilatación temporal (por mor da velocidade), o extremo acelerado do túnel envelleceu menos que o extremo estacionario (dende o punto de vista dun observador externo).

Con todo, o tempo vese diferente a través do túnel que fóra del: dous reloxos sincronizados postos en cada extremo do túnel manteranse sempre sincronizados (dende o punto de vista dun observador dentro do túnel), sen importa-la diferenza de velocidade.

Isto significa que un observador que entrase ó extremo acelerado sairía polo extremo estacionario cando o extremo estacionario tiña a mesma idade que o extremo acelerado no momento antes de entrar. Por exemplo, se antes de entrar ó burato de verme o observador notou que o reloxo no extremo acelerado amosaba 2006 mentres que o reloxo no extremo estacionario xa dicía 2007, daquela o observador podería saír polo extremo estacionario cando o reloxo estacionario aínda dicía 2006.

Unha limitación significativa de tal máquina é que só é posíbel viaxar cara ó pasado no punto inicial cando foi creada a máquina; en esencia, considérase máis coma unha pasaxe a través do tempo que un dispositivo que se move a través do tempo: non permite que a propia tecnoloxía en si mesma viaxe a través do tempo. Isto pode permitir unha explicación alternativa do paradoxo de Hawking: algún día poderase construír unha destas máquinas ó pasado, pero aínda non foron construídas, polo que os turistas temporais nunca poderán chegar ó noso presente.

Crear un burato de verme dun tamaño apropiado para unha nave macroscópica, mantelo estábel e mover un dos seus extremos coa nave requiriría un nivel significativo de enerxía nunha orde moito maior que a cantidade de enerxía que un sol coma o noso pode xerar en todo o seu período de vida. A creación dun burato de verme tamén requiriría a existencia dunha substancia chamada «materia exótica», que —aínda cando non é imposíbel— non se sabe se existe en formas útiles para a xeración dun burato de verme (Ver por exemplo o efecto Casimir).

Polo tanto é inverosímil que tal dispositivo sexa construído, ata con tecnoloxía altamente avanzada. Por outra banda, buratos de verme microscópicos aínda poden ser útiles para enviar información de regreso ó pasado a través do tempo.

En 1993, Matt Visser argumentou que os dous extremos dun túnel de verme con tal diferenza temporal inducida non poderían ser reunidas sen xerar un campo cuántico e uns efectos gravitacionais que provocarían que o túnel colapsara ou que os dous extremos se repelesen [1].

Por mor disto, os dous extremos non se poderían achegar dabondo porque tería lugar unha violación da causalidade. Con todo, en 1997, Visser conxeturou que a complexa configuración dun «anel Roman» (así nomeado en honor a Tom Roman) dun número N de buratos de verme aliñados nun polígono simétrico podería actuar coma unha máquina do tempo, aínda que concluíu que isto non sería tanto un defecto na teoría clásica da gravidade cuántica, senón a proba de que é posíbel viola-la causalidade [2].

Utilización de cilindros rotatorios xigantescos editar

Outra teoría, desenvolvida por Frank Tipler, implica un cilindro rotatorio. Se un cilindro é longo e denso dabondo, e xira rápido dabondo en relación ó seu eixo lonxitudinal, daquela unha nave que voase ó redor do cilindro nunha traxectoria espiral podería viaxar atrás no tempo (ou cara a adiante, dependendo do sentido do movemento da nave). Con todo, a lonxitude, a densidade e a velocidade requirida son tan grandes que a materia ordinaria non é forte dabondo para construíla.

Utilización dunha corda cósmica editar

Pódese construír un dispositivo similar a partir dunha corda cósmica, pero non se sabe da existencia de ningunha, e non parece que sexa posíbel crear unha nova.

Utilización dun núcleo atómico pesado editar

O físico Robert Forward notou que unha aplicación inxenua da relatividade xeral á mecánica cuántica permitiría construír unha máquina do tempo. Un núcleo atómico pesado situado dentro dun forte campo magnético poderíase alongar ata formar un cilindro, cuxa densidade e rotación serían dabondo para viaxar no tempo. Os raios gamma proxectados poderían permitir enviar información (aínda que non materia) de regreso ó pasado. Con todo, precisou que ata que non teñamos unha soa teoría que combine a relatividade e a mecánica cuántica, non teremos idea se tales especulacións son absurdas.

Utilización do envolvemento cuántico editar

Os fenómenos da mecánica cuántica tales coma o teletransporte cuántico, o paradoxo EPR (nomeado polas iniciais de Albert Einstein, B. Podolsky e Nathan Rosen), ou envolvemento cuántico pode parecer que xera un mecanismo que permite a comunicación FTL (faster than light: máis rápida que a luz) ou viaxe temporal. De feito algunhas interpretacións da mecánica cuántica (tales coma a interpretación de Bohm) presumen que as partículas trocan información de xeito instantáneo para poder mante-la correlación entre elas. Einstein referíase a este efecto como a «arrepiante [spooky] acción a distancia».

Curiosamente, as regras da mecánica cuántica parecen impedi-la transmisión de información útil por estes medios, e polo tanto parece que non «permitise» a viaxe no tempo ou a comunicación FTL. Este feito é esaxerado e mal interpretado por certo tipo de libros e revistas de pretendida divulgación científica sobre os experimentos de teleportación. Na actualidade, o xeito no que traballa a mecánica cuántica para mante-la causalidade é unha área moi activa de investigación científica.[Cómpre referencia]

A posibilidade dos paradoxos editar

O principio de auto-coherencia de Novikov e cálculos recentes de Kip S. Thorne indican que simples masas pasando no tempo a través de buratos de verme non poderían xerar paradoxos, xa que non existen condicións iniciais que induzan un paradoxo unha vez que é introducido a viaxe no tempo. Se os seus resultados poden ser xeneralizados suxerirían, curiosamente, que ningún dos paradoxos formulados nas historias de viaxe temporal poidan ser realmente formuladas nun nivel físico: é dicir, que calquera situación que se provoque nunha historia de viaxe temporal pode permitir moitas solucións coherentes. As circunstancias poderían con todo, tornarse case incribelmente estrañas.

Os universos paralelos poden prover unha vía que permita evitar paradoxos. A interpretación de mundos múltiplos de Everett suxire que tódolos eventos cuánticos posíbeis poden ocorrer simultaneamente en historias exclusivas. Estas historias alternas ou paralelas, formarían unha árbore ramificada que simbolizaría tódolos posíbeis resultados de calquera interacción.

Por mor de que tódalas posibilidades existen, calquera paradoxo pode ser explicado ó ocorre-los eventos paradoxais nun universo diferente. Este concepto é frecuentemente utilizado na ficción científica. Con todo, na actualidade, os físicos cren que dita interacción ou interferencia entre estas historias alternativas non é posíbel (ve-la conxectura de protección cronolóxica).

A viaxe no tempo e o principio antrópico editar

Físicos coma Max Tegmark suxeriron que a ausencia da viaxe no tempo e a existencia de causalidade pódense dar por mor do principio antrópico. O argumento é que un universo que permite viaxes no tempo e ciclos pechados de tempo é un no que a intelixencia non evoluiría por mor de que sería imposíbel para unha entidade determinar (clasificar) os eventos nun pasado ou nun futuro, facer predicións ou comprende-lo mundo ó seu redor.

Isto non imporía ningunha restrición perante axentes supernaturais (coma Deus) os cales non son confinados polos límites do espazo-tempo.

Distancia nas viaxes a través do tempo editar

De acordo coa relatividade especial, as leis físicas poden ser invariábeis durante as transformacións Lorentz. Estas mesturas de dimensións espaciais como tempo, poden ser comparadas a unha relación de distancia pola velocidade da luz.

Así que a segunda é comparábel a unha unidade de distancia igual a 299.792,458 km. Inversamente, a distancia de 1 m é comparábel a preto de 3,34 nanosegundos. Tamén se pode comparar un «ano» cun «ano luz» (xa que o cadrado dunha distancia sinala o oposto ó cadrado dunha época, o tempo e o espazo non son realmente idénticos).

Agora, se se supón que as mesmas distancias en espazo e tempo presentan o mesmo nivel de dificultade técnica, daquela moverse no tempo tan só por un segundo, adiante ou atrás, sería coma voar á lúa. Moverse algúns anos sería coma desprazarse a algunha das estrelas próximas. E se se quixera visita-la época dos dinosauros, quizais sería coma viaxar a unha galaxia afastada. Sobre a base deste argumento, algunhas persoas pensan que a viaxe a través do tempo requiriría un nivel moi avanzado de tecnoloxía (a non ser que se utilizase algo similar á teleportación).

Asemade, observadores remotos suxiren que todo o espazo-tempo está conectado, quizais a través das características cuánticas do condensado Bose-Einstein, e que se pode ter aceso a calquera punto instantaneamente a través dunha conciencia dirixida.

A viaxe no tempo na ficción editar

Literatura editar

 
H. G. Wells, autor d'A máquina do tempo

A primeira mención na literatura dunha máquina para viaxar no tempo provén da imaxinación de Enrique Gaspar y Rimbau, un escritor español que a describe minuciosamente na súa obra El Anacronópete.

A máquina do tempo de H. G. Wells é considerada como unha obra mestra da literatura no seu xénero. A Connecticut Yankee in King Arthur's Court («Un ianqui na corte do rei Artur») de Mark Twain é outro clásico de viaxes no tempo.

Pero probabelmente as máis elaboradas supostas demostracións das viaxes temporais atópanse en All You Zombies e en By His Bootstraps de A. Heinlein.

Nos nove libros Caballo de Troya do español J. J. Benítez, o personaxe principal viaxa á Palestina do ano 30. Alí descríbese a viaxe no tempo en gran detalle, explicando como funcionaría exactamente unha hipotética máquina do tempo; curiosamente esta mesma tecnoloxía, aínda que con nomes diferentes, aparece en distintos libros publicados con anterioridade que tratan dos presuntos extraterrestres provenientes do planeta Ummo (un affaire que se demostrou completamente falso, inventado por «ufólogos» españois): toda esta tecnoloxía (inversión dos eixos das partículas elementais) é, pois, completamente falsa e inventada de principio a fin.

Frecuentemente en moitas películas ou libros de ficción científica preséntase a historia dun personaxe que viaxa a un tempo distinto ó seu, onde se explora a interacción do personaxe coas persoas e tecnoloxías dese tempo como parte dun impacto cultural. Outras ramificacións exploran as mudanzas en situacións que xeran reaccións, universos paralelos e historia alternativa onde algún insignificante evento que se supuña que tiña que ocorrer en determinado tempo non tivo lugar, e polo tanto causa grandes mudanzas no futuro.

Entre as famosas máquinas do tempo da ficción inclúense a TARDIS da serie Doutor Who da BBC, cuxo aspecto exterior asemellaba unha cabina da policía londiniense da década do cincuenta. Na saga de Back to the Future, os protagonistas utilizaban un automóbil De Lorean alterado, que viaxaba a través do tempo grazas ó condensador de fluxo. En Bill and Ted's Excellent Adventure utilízase unha cabina telefónica. En Army of Darkness existe un portal espazo-temporal.

Tamén na serie de televisión Stargate SG-1 utilízase un presunto dispositivo alieníxena que xera buratos de verme para, baixo certas condicións, efectuar viaxes no tempo (capítulos «1969» e «2010»). Na mesma serie amósanse outros dispositivos en forma de naves espaciais capaces de realizar este tipo de viaxes, aínda que en tódolos casos se amosan as complicacións e paradoxos que este tipo de viaxes poderían ocasionar.

Isaac Asimov na súa novela The End of Eternity («A fin da eternidade») manexa un concepto de viaxe no tempo onde existen uns axentes chamados «temporais» que se sitúan nunha zona específica do tempo e desde alí poden ir cara a diante ou cara a atrás no tempo realizando mudanzas para axudar a humanidade e deste xeito evitar catástrofes.

Cine e televisión editar

A idea de viaxes no tempo en películas e televisión é un tema que se utilizou frecuentemente a través da historia do entretemento.

Exemplos de filmes recentes son:

 
Imaxe do De Lorean utilizado na película Back to the Future

A viaxe a través do tempo foi representada na televisión, con programas coma Rocky & Bullwinkle's (1959-1964), WABAC Machine, Doutor Who (1963-1989, 2005-), The Time Tunnel (O túnel do tempo) (1966-1967), Tomorrow's People e Quantum Leap (1989-1993). Varios episodios de Red Dwarf, Star Trek , The Outer Limits e Stargate SG-1 amosan extensamente a viaxe no tempo. Tamén se representou na serie de manga e anime Dragon Ball, no personaxe de Toranks, e noutros mangas coma Doraemon, grazas á súa máquina agochada nun caixón de escritorio.

Tipos de viaxe a través do tempo na ficción editar

As viaxes no tempo da ficción científica e outros medios pódense agrupar polo regular en dous tipos (xa que baseados na variedade de métodos serían extremadamente numerosos), que á súa vez son subdivididos. Este tipo de clasificación non se relaciona cos métodos para viaxar a través do tempo, senón coas diferentes regras da liña de tempo.

  • 1. A liña de tempo é ríxida e non se pode modificar.
    • 1.1 Non se ten o completo control da viaxe no tempo. Un exemplo disto é o efecto Morphail. Este concepto do tempo poríase denominar causalidade circular. Un exemplo de causalidade circular atópase no conto de ficción científica By His Bootstraps de R. Heinlein.
    • 1.2 Aplícase o principio de auto-coherencia de Novikov. Este principio enuncia que se alguén viaxase a través do tempo, non podería actuar de ningún xeito que xerase un paradoxo.
    • 1.3 Calquera evento que puidese modifica-la liña de tempo só creou unha nova liña de tempo (nun universo paralelo). Outros suxiren que o viaxeiro no tempo estaría libre de paradoxos porque pasou a outro universo.
  • 2. A liña de tempo é flexíbel e está suxeita ás modificacións.
    • 2.1 A liña de tempo é extremadamente resistente ás modificacións e requírese un grande esforzo para modificala.
    • 2.2 A liña de tempo pódese modificar doadamente.

Liñas de tempo inmutábeis editar

A viaxe no tempo no caso 1 non permite paradoxos, aínda que no 1.3, os eventos poidan parecer paradoxais.

No 1.1 a viaxe no tempo está constrinxida, para imposibilita-la xeración de paradoxos. Se alguén tenta retornar ó pasado para crear un paradoxo, terá unha viaxe temporal involuntaria ou fóra de control. Michael Moorcock utiliza este xeito coma un principio e chámao o Efecto Morphail. Por exemplo, unha persoa viaxa a Alemaña en 1930 para matar a Hitler, aparece involuntariamente en Montana.

No 1.2, o principio de auto-coherencia de Novikov (así nomeado polo Dr. Ígor Dmitrievich Novikov, profesor de astrofísica na Universidade de Copenhague) afirma que a existencia dun método de viaxe no tempo mantén os eventos para permanecer auto-coherente (isto é, sen paradoxos). Isto provoca que falle calquera tentativa de violar dita coherencia, ata se se requiriren eventos extremadamente improbábeis.

Exemplo n.º 1

Tense un aparello que pode mandar unha soa porción de información de regreso a un preciso momento do tempo. Recíbese unha porción ás 22:00:00, e daquela non se recibe nada durante 30 s despois; logo se se manda información ás 22:00:00, todo funcionará. Con todo, se se tenta mandar información ás 22:00:15 (un tempo no que se supón non se recibiu nada), o transmisor fallará misteriosamente, ou algún can creará unha distracción durante 15 s, ou quizais o transmisor si enviou a información pero este mesmo non funcionou exactamente ás 22:00:15 etc.

Dous excelentes exemplos deste tipo de universo atópanse en Timemaster, unha novela do Dr. Robert Forward, e no filme de 1980 Algures no tempo de Jeannot Szwarc, con Christopher Reeve (baseada na novela Bid Time Return de Richard Matheson).

Exemplo n.º 2

No caso da película Algures no tempo, o filme trata sobre eventos que xa pasaron ou están a piques de lle ocorrer ó personaxe principal Richard Collier (actuado por Christopher Reeve) e que este non pode controlar.

Unha anciá descoñecida (pero que declara telo coñecido no pasado) entrégalle un reloxo a Collier. Máis tarde Collier está fascinado por unha fotografía dunha nova actriz, tomada en 1912. Finalmente descobre que a moza na fotografía é a mesma anciá que lle deu o reloxo, e que el estivo no pasado para coñecela. Collier escolle por propia vontade viaxar 68 anos atrás ó pasado para cumprir co que xa está escrito polos libros de historia. Daquela coñécea e namórase dela.

Pero un día toma unha moeda do seu peto que é de 68 anos no futuro (e rompe unha regra de non levar nada anacrónico cara ó pasado), daquela é levado de retorno ó presente, e polo tanto todo o que el realizou/realiza/realizará está escrito na historia e Collier xa non pode facer nada para modificala. Se permanecera en 1912, a historia alteraríase, e todo o que ocorreu no principio da película non ocorrería.

Outro exemplo que pode caer concibibelmente na opción 1.1 ou 1.2 pode ser vista nas dúas versións (filme e novela) de Harry Potter e o Preso de Ázkaban. Harry e Hermione Granger viaxan atrás no tempo para modifica-la historia. Ó facelo faise aparente que só realizan accións que se viron previamente na historia. Con todo, no seu momento, ningún dos personaxes estaban informados das causas desas accións.

Este é outro exemplo dun paradoxo predestinado. Con todo, é discutíbel que a mecánica da viaxe no tempo poida realmente evita-los paradoxos, en primeiro lugar, evitando que se realicen a priori cando ocorre a viaxe no tempo e en segundo lugar, permitíndolles lembrar a acción exacta, executala no momento exacto e manter así a historia coherente.

Nun universo que permite a viaxe no tempo retrógrado pero que non permite paradoxos, calquera momento presente é o pasado ou o futuro dun observador, polo tanto tódolos eventos/historia arránxanse. A historia pódese pensar coma un filme onde xa todo está previamente arranxado.

No 1.3 (calquera evento que parece modifica-la liña de tempo só creou unha nova liña de tempo), calquera evento que parece ser causado por un paradoxo creou no seu lugar unha nova liña temporal. O pasado da liña temporal orixinal fica sen modificacións, coa información ou o viaxeiro do tempo simplemente esvaídos, sen que poidan retornar.

Unha dificultade para esta explicación é que a observación de masa-enerxía sería violada pola liña temporal orixinal e a liña temporal de destino. Unha posíbel solución a isto é que a mecánica da viaxe no tempo require un troco de masa-enerxía nun equilibrio preciso entre pasado e futuro durante o momento da viaxe, ou que simplemente se expanda o alcance da lei de conservación para abranguer tódalas liñas temporais.

Algúns exemplos deste tipo de viaxe a través do tempo pódense atopar no libro The Man Who Folded Himself («O home que se auto-dobrou») de David Gerrold, o filme Back to the Future (II) de Robert Zemeckis (1989), e o filme Star Trek: Generations (1994).

Exemplo: na segunda parte de Back to the Future, Marty McFly e o doutor Brown (despois de que o Doc retornara a 1985 dende o século XXI) deciden viaxar a 2015 para salva-lo fillo futuro de Marty. Cando están aí Marty merca un almanaque de eventos deportivos con datos dende 1951 ata o 2000, e decídeo usar para obter ganancias en apostas. Doc Brown prohíbelle leva-lo libro con el, pero inadvertidamente déixao preto do malvado Biff Tannen, agora ancián.

Durante esa noite, sen o coñecemento de Marty nin do Doutor, Biff rouba o auto DeLorean (a máquina do tempo) para modifica-la historia (utilizando o almanaque deportivo para obte-lo seu propio éxito financeiro).

Dende o punto de vista da audiencia, Tannen retorna ó ano 2015 logo de rouba-lo DeLorean e déixao para que Marty e o Dr. Brown o poidan usar para retornar a 1985. Con todo, axiña descobren o que Biff provocou: Biff viaxou a certo punto de 1955, onde se atopou consigo mesmo máis novo e onde ficou co almanaque.

Daquela o ano 1985 ó que Marty e o Dr. Brown chegaron era o futuro dunha liña de tempo que empezou no 1955 alternativo. Neste novo 1985 a (a por 'alternativo'), Hill Valley tornouse un lugar corrupto e as vidas dos seus cidadáns foron arruinadas por mor de Biff. Pero agora Marty e o Dr. Brown xa non poden tan só retornar ó 2015 a para dete-lo vello Biff, porque ese sería o 2015 desa liña de tempo en particular.

Aquí aparecería un erro do guión: unha vez que o vello Biff modificou o ano 1955, el (en teoría) xa non podería retornar ó 2015 n (de normal) —no que están Doc e Marty Senior novo—, senón que chegaría ó 2015 a, no cal o Dr. Brown e Marty probabelmente non poderían realiza-la viaxe a través do tempo (xa que provirían dun Hill Valley perverso, con poucas oportunidades). En poucas palabras, unha vez que se viaxa de regreso no tempo para modifica-la historia nese momento en particular, calquera cousa que ocorra será o futuro desa liña de tempo en particular que se alterou.

Curiosamente, entre as escenas eliminadas da película que se poden ver na versión DVD de Back to the Future 2 atópase que o vello Biff, ó chegar de novo ó 2015 n e baixar da máquina do tempo, vese dorido, e tras camiñar uns poucos pasos caena rúa e esvaécese. Nos comentarios, o director explica que esta escena foi eliminada ó principio para evitar confusións que se puidesen xerar nos espectadores, pero das conclusións que se poden sacar é que as cousas que Biff modificou no pasado tiveron consecuencias desastrosas para el, xa que ó modifica-lo pasado e casar coa nai de Marty, ela matouno dun disparo no seu novo pasado. Así, dáse a entender que o futuro iríase actualizando ós poucos.

Liñas de tempo mutábeis editar

É máis difícil de explica-la viaxe a través do tempo nun universo tipo 2 («a liña de tempo é flexíbel e está suxeita ás modificacións»). O meirande problema é como explica-las modificacións no pasado. Un método de explicación é que unha vez que se modifica o pasado, tamén o fan as lembranzas de tódolos observadores. Isto significa que ningún observador se pode decatar das modificacións no pasado (por mor de que non lembrará a modificación). Isto sería máis difícil de explicar se se está nun universo tipo 1 ou tipo 2.

Con todo, pódese deducir que xa se coñece que: a) a comunicación co pasado é posíbel e b) parece que a liña de tempo nunca foi alterada como resultado dunha acción que alguén lembre realizar, aínda que exista a evidencia de que outra xente está a modifica-las liñas de tempo. Un exemplo desta clase de universo preséntase nunha novela de James P. Hogan, Thrice Upon a Time («Eran tres veces», parafraseando o principio dos contos «Era unha vez...»).

Larry Niven suxire que nun universo tipo 2.1, o xeito máis eficiente para que un universo corrixa unha modificación é que a viaxe no tempo non sexa descuberta, e nun tipo 2.2, o gran número (ou infinito número) de viaxeiros do tempo dos interminábeis futuros provocarían modificacións na liña de tempo ata chegar a unha historia onde a viaxe no tempo nunca fose descuberta. Con todo, moitas outras situacións «estábeis» tamén existen nas que a viaxe no tempo ocorre sen que se xeren paradoxos. Se a liña de tempo, que se pode trocar, do universo se atopa nun estado onde xa non terá máis modificacións, ós habitantes deste universo pareceralles un escenario idéntico ó 1.2.

En Harry Potter a escritora non resolveu o problema do ciclo creado cando Harry e Hermione retornan ó presente e case se topan consigo mesmos volvendo ó pasado, é dicir, volverán no tempo e aparecerán outra vez, infinitamente.

Instantáneo e gradual editar

Na literatura existen dous tipos de viaxe no tempo como métodos:

1. N'A máquina do tempo, H. G. Wells explica que nos estamos a mover a través do tempo a unha velocidade constante. Daquela, en palabras de Wells, a viaxe a través do tempo basearíase en deter ou aumenta-la aceleración dalguén a través da dimensión temporal, ou ata dar volta de retorno e viaxar no outro sentido.

Este tipo de viaxe no tempo gradual axústase mellor na física cuántica, pero non é moi popular na ficción científica moderna. Quizais o exemplo máis vello deste exemplo está en Through the Looking Glass (1871) de Lewis Carroll: a Raíña Branca está a vivir á inversa, aínda que a súa memoria funciona en ámbalas direccións. O seu tipo de viaxe temporal é incontrolábel: ela móvese a través do tempo a unha velocidade constante de -1 e non o pode mudar. Isto podería facer a Lewis Carroll o primeiro inventor da viaxe no tempo.

Na primeira parte da novela de Arthur - The Once and Future King, The Sword in the Stone (1938), de T. H. White, utilízase a mesma idea: o mago Merlín vive en reversa, porque naceu no «extremo trabucado do tempo» e tén que vivir de adiante cara a atrás. Algunhas persoas chámano «te-la segunda visión».

2. O tipo máis común de viaxe no tempo da ficción científica é o movemento instantáneo dun punto a outro, como trocar de lugar a agulla nun disco de vinilo en movemento. Non existe sequera unha explicación científica para isto; pero a súa popularidade débese probabelmente ó feito de que é máis espectacular e fai que a viaxe no tempo se vexa máis doada.

Viaxe no tempo ou viaxe espacial no tempo? editar

O problema máis clásico co concepto de «naves que viaxan a través do tempo» na ficción científica é que invariabelmente trátase a Terra no mesmo marco de referencia que o espazo. A idea de que un viaxeiro poida entrar nunha máquina en Poughkeepsie que o manda a 1865 e saia dela no mesmo punto en Poughkeepsie ignora o feito de que un punto calquera sobre a Terra constantemente está a se mover ó redor do eixo do planeta (a uns 400 m/s), e que se move a Terra a través do espazo arredor do Sol (a 29 km/s), e que o Sol á súa vez está a se mover a través da galaxia, e que a galaxia se move tamén, afastándose de tódalas demais (agás daquelas coas que está unida gravitacionalmente, coma as do Grupo Local) como consecuencia do Big Bang etc.

Entón, dado que o espazo-tempo ten catro dimensións e que a «viaxe a través do tempo» se refire só a «moverse» nunha destas dimensións, un viaxeiro non podería ficar no mesmo lugar respecto da superficie da Terra, por mor de que a Terra é unha plataforma acelerada cunha traxectoria altamente complexa.

Unha nave que se mova dous ou tres segundos no futuro materializaríase a uns 100 km no espazo, ou quizais dentro do planeta (dependendo do punto onde se situaba a Terra antes e despois). Se se move un ano antes, acabaríase no espazo exterior, onde a órbita da Terra ó redor do Sol situouse un ano antes...

¿Pero como se pode desliga-la nave da inercia? Se se tenta mover adiante no tempo, ¿a nave será automaticamente impulsada pola inercia adquirida ó estar na Terra? Ou será desligada? Pero, ¿seica isto non trai a idea dun marco absoluto de referencia?

Unha vez máis, ata o se mover un milisegundo adiante ou atrás no tempo, a nave tería que aparecer máis aló de calquera cousa que os seres humanos poidan construír, sen mencionar que a aceleración e a desaceleración no espazo-tempo desafíe a integridade estrutural non só da nave senón tamén dos corpos dos pasaxeiros. Un teórico pode ata utilizar isto para discutir (ó estilo dos paradoxos de Zenón), sobre a imposibilidade das máquinas do tempo.

Naturalmente, unha refutación posíbel a esta crítica, é o feito de que os coches e os aeroplanos construídos por seres humanos móvense ó redor da superficie da Terra xunto con ela, malia que a superficie mesma móvese a unha velocidade astronómica. É razoábel asumir que un viaxeiro do tempo experimenta a combinación da inercia temporal espacial xunto coa cal faille moverse canda a Terra.

En 1980 Robert Heinlein publicou unha novela titulada The Number of the Beast («O número da besta»), sobre unha nave que permite marcar nas seis (non catro) coordenadas do espazo e tempo e instantaneamente move o usuario a esas coordenadas sen explicar como tal dispositivo pode funcionar.

A serie de televisión Seven Days («Sete días») tamén se ocupou deste problema; o crononauta pilota unha máquina do tempo fóra da superficie da Terra, por medio dun joystick.

Outros puntos de vista e os seus exemplos editar

Na banda deseñada Al Feldstein and Joe Orlando's Weird Science de Bill Gaines, a historia Why Papa left Home (de 1952, baseada en Child by Chronos de Charles L. Harness) un científico viaxeiro do tempo está moi impactado ó se decatar de que é o seu propio pai. Con todo, n'O restaurante na fin do universo de Douglas Adams, non ven ningún problema no feito de se-lo seu propio pai, xa que iso non é nada co que unha familia ben axustada non poida lidar. O problema maior é ilustra-la tensión dos viaxeiros do tempo. Outro problema nos libros é que a viaxe no tempo é tan complexa, que para entender completamente as ecuacións relacionadas debíase ter unha ducia de vidas. E como iso era posíbel só despois de que se inventase a viaxe no tempo, ninguén sabía quen era capaz de inventalo.

Na escena culminante da película Superman (1978), Lois Lane morre como resultado de que o seu auto cai nunha fenda creada por un terremoto e é enterrado polos entullos que caen. Dominado pola angustia, Superman decide desafia-los consellos do seu pai kriptoniano e interferir coa historia terrícola. Daquela Superman viaxa velozmente ó redor do eixo da Terra para retornar ó intre en que se iniciou o terremoto e anulalo fisicamente. Como resultado, Lois (e a poboación de California) sálvase como se este evento non ocorrese.

Na película Timerider: The Adventure of Lyle Swan, o personaxe Lyle Swan (Fred Ward) é un motociclista de cross country que se sai de curso e chega a un terreo de proba dun dispositivo para viaxar no tempo que o manda a 1882. Nese tempo monta a través do Vello Oeste estadounidense, dorme cunha muller española e enfróntase a unha banda de pistoleiros antes de ser rescatado do pasado, non sen antes descubrir que el é o seu propio bisavó.

Na historia de Robert Heinlein All You Zombies amósase o posíbel resultado de tomar este concepto á súa conclusión lóxica e absurda: o protagonista viaxeiro do tempo é/foi/será o seu propio pai/fillo.

En 1992 Harry Turtledove publicou a novela The Guns of the South («As armas do Sur»), que se fixo popular coa historia dun surafricano branco racista que usa unha máquina do tempo para retornar ós días da Guerra Civil estadounidense e equipar ó exército confederado (escravista) con armas do século XX, como rifles de asalto AK-47. Con esta axuda, axiña gañan cada batalla e marchan gostosos para Washington, D.C. para capturar a Abraham Lincoln. Con todo, a máquina do tempo está arbitrariamente limitada para poder levar persoas só un número de anos ó pasado, o que permite que se preveña as accións do branco racista ó realizar outra viaxe que impida os eventos da primeira viaxe.

Na maioría dos libros de ficción científica sobre o tempo, inclúese unha máquina física para transportar persoas a través do tempo, pero tamén hai historias que inclúen a viaxe no tempo coma unha disciplina mental, ou «viaxe no tempo psíquico».

Un exemplo disto é Time and Again de Jack Finney, así como Bid Time Return de Richard Matheson (convertida na película de 1980 Algures no tempo, con Christopher Reeve). En House on the Strand, de Daphne du Maurier, o protagonista utiliza drogas que producen alteracións que lle permiten experimenta-la viaxe a través do tempo aínda cando o seu corpo físico parece estar no presente.

En There Will Be Time de Poul Anderson, preséntase a viaxe polo tempo coma unha habilidade que algúns teñen de nacemento, así como acontece na película O efecto bolboreta. Esta última amosa a viaxe no tempo coma un talento herdado, onde a mente ou o espírito do individuo viaxa ó pasado e o viaxeiro pode modifica-la historia, retornando ó presente alterado.

Tamén algunhas persoas afiliadas a organizacións de estudo de ovnis din que a habilidade de viaxar no tempo é un talento que radica no cerebro de calquera persoa, e que esta habilidade está «activada» na mente dos Grises, que supostamente tamén teñen a habilidade de activa-los cerebros humanos. Outras persoas cren que a teleportación e a viaxe no tempo poden ser aprendidas a través de práctica dun xeito similar.

Outro argumento común nas historias de ficción inclúe o concepto de altera-la historia con intencións malignas. Neste tipo de historias, o vilán tenta modifica-la historia para altera-lo presente ou o futuro, e a historia debe ser restaurada polo protagonista. Nalgunhas ocasións, asúmese que só se ten unha cantidade de tempo limitada dispoñíbel para o heroe antes de que a historia sexa permanentemente alterada.

Pódese argumentar que a Apocalipse de san Xoán describe unha forma de viaxe no tempo «espiritual». En contraste coa maioría de conceptualizacións de ficción científica de viaxe no tempo, a Revelación di que Xoán (durante o seu exilio na illa grega Patmos) tivo unha visión que se lle presentou un espírito, e que se lle revelou o futuro fin dos tempos por medio dun anxo enviado por Xesús.

Viaxes no tempo a través dos videoxogos editar

No xogo Fallout 2 hai un encontro especial que inclui unha estrutura de pedra que é un portal do tempo. Pasando a través dela transpórtase o xogador ó pasado, a un período anterior ó primeiro xogo de Fallout, onde atopará unha computadora cun chip de auga. Rompendo o chip asegura que os eventos do primeiro xogo ocorrerán, de xeito que envolve o xogador que experimentou o primeiro xogo onde se buscaba unha substituición deste chip.

Isto tamén provoca que o personaxe dos xogadores de Fallout 2 coma descendente do personaxe do primeiro xogo teña un ciclo casual de tempo coma un paradoxo predestinado. O encontro chámase «The Guardian of Forever», unha referencia a un episodio de Star Trek: "The City on the Edge of Forever" («A cidade á beira da eternidade»).

No xogo Command and Conquer Red Alert 2: Yuri's revenge, recúase para o pasado para evitar que Yuri controle o mundo enteiro. Con iso conseguen remodela-lo futuro.

En Chrono Trigger (un xogo de acción RPG), un grupo de heroes viaxan a través do tempo cara ó pasado e cara ó futuro coa intención de previr a Apocalipse.

O xogo Crash Bandicoot 3: Warped da consola Playstation implica o uso de portais temporais para viaxar a varios puntos do tempo (pasado e futuro) e así xuntar cristais de poder que son capaces de abri-las novas áreas temporais de 5 niveis máis o nivel de xefes que non tén cristais pero concede un poder especial, ademais de 42 xemas e 37 zafiros para así dar revertido o dano provocado polos viláns UKA-UKA o Dr. Nefarious Tropy (Dr. N. Tropy) e o arquinémese de Crash o Dr. Neo Cortex.

No xogo The Day of the Tentacle un dos protagonistas mantense no presente mentres que un dos seus amigos viaxa ó pasado e outro ó futuro. Así, as accións de cada un afeitan ós outros. Unha árbore recentemente cortada no pasado desaparece no futuro e o viño gardado nunha cápsula do tempo no presente recóllese no futuro coma vinagre.

Na serie de The Legacy of Kain indica que a «historia aborrece un paradoxo». Nestes xogos a liña de tempo referida como «Timestream», é inmutábel. As mudanzas feitas por alguén en particular non teñen efecto no fluxo xeral do tempo, pero pódense facer mudanzas maiores ó introducir un paradoxo. Cando se xera un paradoxo, a liña de tempo é forzada a se modificar a si mesma para se axustar nas mudanzas da historia. Ademais, ninguén na serie de Kain ten vontade libre agás Raziel e aínda que non confirmado a mesiánica figura coñecida coma o Sción do balance.

No xogo Where in Time is Carmen Sandiego? («En que lugar do tempo está Carmen Sandiego?») e dúas series de televisión que se derivaron do mesmo (Where in Time is Carmen Sandiego? e Where on Earth is Carmen Sandiego?) preséntase extensivamente a viaxe a través do tempo.

Os xogos Freedom Force e a súa secuela, Freedom Force vs. the Third Reich, presentan un personaxe chamado Time Master quen tén poder absoluto sobre o tempo. A liña de tempo do universo de Freedom Force depende dunha construción chamada Celestial Clock (reloxo celestial), a cal tenta destruí-lo Time Master durante as consecuencias do primeiro xogo, que serían o final de toda a vida intelixente no universo, cunha precisión científica.

En The Legend of Zelda: Ocarina of Time, Link, o personaxe principal, pode viaxar adiante e atrás no tempo coa axuda da Espada Mestra e o Templo do Tempo, aínda que tamén envellece e rexuvenece cando o fai. Así mesmo, na secuela directa deste xogo titulada Majora Mask, Link debe viaxar ó pasado continuamente axuda da Ocarina do Tempo, dado que só tén tres días (Sen tempo dabondo) para evitar que a lúa caia sobre a terra de Termina, onde se desenvolve a historia.

Un xogo educativo titulado A Máquina do tempo de Mario, implica a Bowser roubando artefactos valiosos da historia (coma a pluma de Shakespeare e o temón do barco de Fernão de Magalhães) para amosalos no seu museo, polo que Mario debe viaxar ó pasado para detelo. O defecto obvio dentro do esquema de Bowser é, con todo, que se el rouba eses artefactos e altera a historia (por exemplo, que Shakespeare non poida escribi-las súas obras sen a súa pluma preferida) daquela os artefactos non chegan a ser valiosos.

Nos xogos Prince of Persia: as areas do tempo e Prince of Persia 2: Warrior Whiting, o seu protagonista, o Príncipe, usa unha daga do tempo (ou un medallón, dependendo do xogo) que lle fai recuar para o pasado durante 10 s. Isto permite ós xogadores refacer constantemente as accións que non se levaron a cabo de xeito correcto ou desexado, evitando caer en trampas ou en ataques dos inimigos. A historia contempla como o Príncipe por erro libera as Areas do Tempo, o cal é unha catástrofe pois tódalas persoas convértense en arrepiantes criaturas. A misión do xogador é volver encerra-las Areas do Tempo para devolver todo á normalidade. Pero isto non acaba aquí dado que na súa segunda parte, o Príncipe ten de loitar contra o seu destino e destruí-lo gardián do tempo, o Dahaka, que foi liberado para destruí-lo Príncipe e restabelece-la liña do tempo sen que exista xamais devandito protagonista.

Na expansión do xogo Star Craft; Broodwar, explícase como tamén as dúas razas creadas polos X'o Naga', poden viaxar ó pasado ou ó futuro. Isto, no caso dos Zerg, realízao a entidade suprema desta raza, a Supermente, a través do enorme poder psíquico do que é posuidor. A outra raza que tamén pode viaxar polo tempo son os Protoss, raza moi evolucionada no aspecto espiritual e mental, os cales grazas ás súas inmensas habilidades psiónicas poden curva-lo espazo-tempo. Ata certos mestres desta raza —coma Raszagal— poden fabricar tormentas psiónicas (que producen disrupcións no espazo-tempo) e transportar grandes exércitos ó seu desexo.

En TimeSplitters 2 o protagonista, o sarxento Cortez, debe viaxar a través do tempo para recuperar nove cristais temporais cos que os seus inimigos, os timesplitters, están sementando o caos no pasado (el vive en 2401). Trala fuxida cos cristais, os humanos crean unha máquina do tempo coa que evitarán a creación dos timesplitters, pero cun gran risco a un paradoxo. Isto último acontece na seguinte entrega, TimeSplitters futuro perfecto.

Paradoxo de que non existan viaxeiros do tempo editar

Se temos en conta que cada vez sabemos máis de física cuántica e que a tecnoloxía progresa todo o tempo xa deberiamos ser visitados por viaxeiros do tempo, isto quere dicir que a humanidade extinguirase antes de descubri-la tecnoloxía de viaxar no tempo e tamén se aplica a mundos en universos paralelos porque eles tampouco desenvolveron a tecnoloxía para viaxar entre universos. Algo debe pasar no futuro para que a humanidade de varios universos se extinga e debe ser coma unha regra natural.

Doutra banda, tamén poderiamos dicir que xa existen viaxes no tempo por mor de viaxeiros (chamados, talvez erroneamente, extraterrestres), que existen ou que van existir (aínda que se hai algún viaxeiro no noso tempo, aínda que proveña do futuro, quere dicir que «actualmente» si existen as viaxes no tempo.

Tamén hai vestixios de civilizacións cunha tecnoloxía moi similar á nosa, por exemplo o Máquina de Anticítera que data de entre os anos 82 e 65 antes de Cristo. Este exemplo, coma moitos, podería non ser necesariamente unha proba dunha civilización antiga. Pero só haberá un xeito de estar seguros diso.

A relixión e as viaxes a través do tempo editar

Profecías: información desde o futuro editar

É interesante notar que calquera relixión que postula a existencia dunha completa profecía require, no último caso, un axente que poida mover información desde o futuro cara ó pasado.

Na teoloxía xudeu-cristiá, por exemplo, suponse que o deus Yahveh existe sen ser limitado polo espazo ou o tempo. Segundo esta doutrina, Yahvé é omnisciente e omnipresente. Algunhas declaracións na Biblia, tales coma a de Xesús: «Antes de que Abraham nacese, eu estiven» (Juan 8.58) e a de Pedro: «[Xesús] foi elixido antes da creación do mundo» (1 Pedro 1.20) sempre asumindo que a creación do mundo comezou en t = 0) implica que Yahvé non se rexe pola mesma liña temporal que a nosa, ou ben que estabelece os principios reitores da mesma. Isto é apoiado pola aserción «Eu, o Señor, non mudo» (Malaquías 3.6), xa que unha mudanza requiriría desprazamento dun lugar a outro e ser contido por unha serie temporal continua.

Dúas interpretacións temporais destas declaracións son que Yahvé: 1) existiría fóra do continuo espazo-tempo; ou que 2) Yahvé existiría simultaneamente en calquera punto do espazo-tempo. En calquera caso, Yahvé podería transferir sen restricións información dun punto do espazo-tempo a calquera outro punto.

Ioga: ve-lo futuro editar

Segundo o físico Fred Alan Wolf —no seu libro The Yoga of Estafe Travel («O ioga da viaxe no tempo»)— o proceso interno de meditación do ioga (que se basea nos Yoga Sutras de Patañjali) permitiría acceder ó coñecemento do pasado e do futuro no presente. Wolf suxire que esta forma de viaxe no tempo poderíase lograr se se superasen as áncoras terreais do ego mental con que o ser humano se bloquea dende dentro. O hinduísmo cre que un ser puro desta natureza sería un tri-kala-jñá (tri: ‘tres’, kala: ‘tempos’, e jñani: ‘coñecedor’), que sabe sobre os tres tempos: o pasado, o presente e o futuro.

Non hai proba ningunha de que esa capacidade sexa posíbel.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Científica
  • Anónimo, Como construír unha máquina do tempo, ISBN 0-14-200186-4.
  • Davies, Paul, About Time («Sobre o tempo») ISBN 0-684-81822-1.
  • Gott, J. Richard, Time Travel in Einstein's Universe: The Physical Possibilities of Travel Through Time («A viaxe no tempo no universo de Einstein: as posibilidades físicas da viaxe a través do tempo»), ISBN 0-618-25735-7.
  • Nahin, Paul J., Time Machines: Time Travel in Physics, Metaphysics, and Science Fiction («Máquinas do tempo: a viaxe no tempo na física, a metafísica e a ficción científica»), ISBN 0-387-98571-9.
  • Pickover, Clifford A., Time: A Traveler's Guide («Tempo: guía para o viaxeiro»), ISBN 0-19-513096-0
  • Tipler, Frank J., “Rotating Cylinders and the Possibility of Global Causality Violation” («Os cilindros rotativos e a posibilidade dunha violación global da causalidade»), Physical Review (D 9, 2203), 1974.
Literaria
Filosófica

Outros artigos editar

  Ciencia ficción 
Artigos
Categorías

Ligazóns externas editar