Love and Rockets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxo en ficheiro (via JWB)
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arranxo erro ISBN
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 3:
'''Love and Rockets''' foi unha banda inglesa de [[rock alternativo]] formada no ano [[1985]] polos antigos membros de [[Bauhaus (grupo musical)|Bauhaus]] [[Daniel Ash]] (voces, guitarra e saxofón), David J (baixo e voces) e Kevin Haskins (batería e sintetizadores) despois de que o grupo se separase en [[1983]]. Ash e Haskins gravaran e actuaran noutra banda, [[Tones on Tail]], entre [[1982]] e [[1984]]. A fusión de rock underground con elementos da música [[pop]] de Love and Rockets forneceu un catalizador temperán para o rock alternativo. A banda publicou sete álbums de estudio antes de separarse en [[1999]] e reformouse brevemente en [[2007]] para realizar concertos, separándose novamente en [[2009]].
 
A banda é quizais máis coñecida polo seu sinxelo de [[1989]] "So Alive", que chegou ao número 3 da lista ''Billboard Hot 100''.<ref name=":0">{{Cita libro|edición=Rev. and expanded 8th ed|título=The Billboard book of top 40 hits|url=https://www.worldcat.org/oclc/55966764|editorial=Billboard Books|data=2004|lugar=New York|ISBN=0-8230-7499-4, 978-0-8230-7499-0|OCLC=55966764|apelidos=Whitburn, |nome=Joel.}}</ref>
 
== Historia ==
A banda tomou o seu nome da serie de cómics ''Love and Rockets'' dos irmáns Hernandez. Gilbert Hernandez posteriormente referíuse á confusión causada por este feito no seu libro ''Love and Rockets X'', xa que houbo varías bandas co nome "Love and Rockets" durante un tempo.<ref>{{Cita libro|edición=2nd Fantagraphics Books ed|título=Love and rockets X|url=https://www.worldcat.org/oclc/42840145|editorial=Fantagraphics Books|data=1999|lugar=Seattle, WA|ISBN=1-56097-101-0, 978-1-56097-101-6|OCLC=42840145|apelidos=Hernandez, |nome=Gilbert.}}</ref>
 
A pesar de que as súas anteriores bandas tiñan un estátus de iconas do [[rock gótico]], Love and Rockets moveuse cara un son lixeiramente máis brillante e influenciado polo [[pop]], como demostrou o seu primeiro éxito menor, unha versión do clásico da [[Motown]] "Ball of Confusion", que chegou ao número 18 das listas canadenses en xaneiro de [[1986]].<ref>{{Cita web|título=Barry's Hits of All Decades Pop rock n roll Music Chart Hits|url=http://hitsofalldecades.com/chart_hits/index.php|páxina-web=hitsofalldecades.com|data-acceso=2020-07-06}}</ref> O seu primeiro álbum de estudio, ''[[Seventh Dream of Teenage Heaven]]'' (1985), foi un exemplo temperán de [[rock alternativo]], combinado con [[post-punk]] e psicodelia.<ref>{{Cita web|título=Seventh Dream of Teenage Heaven - Love and Rockets {{!}} Songs, Reviews, Credits {{!}} AllMusic|url=https://www.allmusic.com/album/seventh-dream-of-teenage-heaven-mw0000201462|data-acceso=2020-07-06|lingua=en-us}}</ref> O seu segundo álbum, ''[[Express]]'' (1986), continuou na mesma liña, engadindo aínda máis sentimento pop á mestura. O disco incluía o éxito dance "Yin and Yang (The Flowerpot Man)". O álbum de [[1987]] ''[[Earth, Sun, Moon]]'' tiña un son máis acústico e del saíu o éxito menor "No New Tale to Tell". O ano seguinte o grupo lanzou o sinxelo "The Bubblemen Are Coming" baixo o alias [[The Bubblemen]].