Beowulf (poema): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
[[Ficheiro:Beowulf (geography)3.PNG|dereita|200px|miniatura|Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é [[Västergötland]] (a rexión nuclear de [[Geatland]]), a área amarela é o territorio que gobernaban os [[wulfingas]], á área rosa é o territorio [[Dinamarca|dinamarqués]]. A área verde é o territorio dos [[Pobo sueco|suecos]]. A área azul representa a terra dos [[xutos]], mentres que a área laranxa pertence aos [[frisios]].]]
 
Desenvólvese en Dinamarca, onde o espléndido palacio de [[Heorot]] se ve asolado polos mortais asaltos do [[xigante]]-[[troll (mitoloxía)|troll]] [[Grendel]], que se ensañaasaña cos criados e guerreiros do rei [[Hrothgar (Beowulf)|Hrothgar]], devorándoos.
 
Inesperadamente, preséntase no palacio o mozo Beowulf, príncipe dos gautas de [[Gëatlantt]] ([[Suecia]] meridional), cun grupo dos seus partidarios e ofrece ao monarca destruír ao monstro. A primeira impresión de Hrothgar é de escepticismo fronte ás pretensións do descoñecido heroe, pero recíbeo xentilmente e ao cabo dun espléndido banquete, encoméndalle a tarefa ao recentementeacabado chegadode chegar.
 
Grendel regresa esa mesma noite a Heorot, derruba as súas sólidas portas e devora a un dos guerreiros gauta. Beowulf é espertado polo rebumbio e acode en axuda da garda, trabándose en loita corpo a corpo co monstro, que só pode liberarse da súa presa perdendo a cambio un dos seus brazos e fuxindo mortalmente ferido. Beowulf pelexa sen armas.
Liña 49:
Transcorre no reino de [[Gëatlantt]], onde un ancián Beowulf reinou por cincuenta anos despois de acontecer a [[Hygelac]], morto en batalla. Na última etapa da súa vida, Beowulf disponse a se afrontar a un temíbel [[dragón]], coa soa axuda do seu sobriño [[Wiglaf]].
 
Un hábil e ousado ladrón logra penetrar na cova do dragón e rouba unha copa de prata incrustada de ouro e pedras preciosas, parte do inmenso tesouro que garda a besta. Enfurecido, o dragón asalta e destrúe a vila dado ladrón, e mata a todos os seus habitantes.
 
Beowulf sae ao seu encontro para vingar á súa xente, pero a reacción do dragón asustou tanto aos seus súbditos que soamente Wiglaf se apresta para o acompañar. Despois dunha cruenta batalla, ambos os dous logran acabar coa besta, pero Beowulf, gravemente ferido, encomenda ao seu sobriño se apoderar do tesouro e utilizalo para reconstruír o reino. Pasa o seu [[torque (ornamento)|torque]] de ouro a Wiglaf, e confíalle o reino. Finalmente, Beowulf recibe un funeral [[viquingo]]: o seu corpo é colocado en barco funerario de madeira de carballo e impulsado mar adentro. O mesmo Wiglaf guinda unha lanza en chamas á balsa, incendiando os troncos, e o cadáver do monarca pérdese na distancia.
 
Outras versións afirman que foi enterrado segundo a súa vontade, nun montículo, a partir do que se podía versever o mar e que levaría o seu nome.
 
== Personaxes principais ==