Olivier Messiaen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 24:
En [[1971]] foi galardoado co [[Premio Erasmus]].<ref name="EP-prev">{{cita web|url=http://www.erasmusprijs.org/index.cfm?lang=en&page=Prijswinnaars|título=Former Laureates - Praemium Erasmianum|dataacceso=9 de novembro de 2015|editor=Fundación Praemium Erasmianum}}</ref>
 
A música de Messiaen é ritmicamente complexa (el estaba interesado nos ritmos da antigua Grecia e de orixes hindúeshindús), e basease harmónica e melodicamente nos [[modos de transposición limitada]], que foron unha innovación propia de Messiaen. Moitas das súas composicións representan o que el chamou «os aspectos marabillosos da fé», mostrando o seu inquebrantábel catolicismo. Viaxou moito e escribiu as súas obras inspirado por diversas influencias, como a música xaponesa, a paisaxe do Canón de Bryce en Utah ou a vida de San Francisco de Asís. Messiaen experimentou unha certa sinestesia manifestada como unha percepción de cores cando oía certas harmonías. Durante un período moi curto, Messiaen experimentou co [[serialismo integral]], en cuxo campo é citado a miúdo coma un innovador. O seu estilo absorbeu moitas influencias musicais exóticas como o gamelan de Indonesia (a percusión afinada ten un papel importante nas súas obras orquestais), e tamén usou as ondas Martenot.
 
Messiaen estaba fascinado polo «canto dos paxaros»; dicía que os paxaros eran os mellores músicos e considerábase a si mesmo tanto [[Ornitoloxía|ornitólogo]] como compositor. Transcribía o canto dos paxaros nas súas viaxes por todo o mundo, e incorporou as transcripcións destes cantos en gran parte da súa música. O seu uso innovador da cor, a súa concepción persoal da relación entre o tempo e a música, o seu uso do canto dos paxaros, e o seu intento de expresar profundas ideas relixiosas, todo se combina de tal modo que fai case imposíbel confundir unha composición de Messiaen cunha obra de calquera outro compositor contemporáneo occidental.