Third Man Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 6:
[[Jack White]] fundou Third Man Records en Detroit, Míchigan, no ano 2001. White orixinalmente mercou o edificio para almacenar o seu equipo e tiña plans para reeditar os primeiros traballos de [[The White Stripes]]. Third Man, que publica álbums e sinxelos principalmente en vinilo, creou a súa primeira localización física en Nashville, Tennessee, o día 11 de marzo de 2009. O local de Nashville serve como unha tenda de discos, a sede do selo e local de concertos. Inclúe a The Blue Room (un local para actuacións e proxeccións para The Light and Sound Machine, unha serie de proxeccións mensual de filmes en colaboración con The Belcourt Theater), un estudio de fotografía, espazo de almacenamento para cintas máster, e o almacén da discográfica. The Blue Room é o único local do mundo en gravar actuacións directamente a acetato, producindo un máster en vinilo a tempo real. Para celebrar a apertura de Third Man Records en Nashville, White estreouse co seu novo proxecto, [[The Dead Weather]], realizando un pequeno concerto para uns 100 convidados. <ref>{{Cita web|título=Third Man Records: 10 defining moments at Jack White's Nashville headquarters|url=https://www.tennessean.com/story/entertainment/music/2019/04/04/third-man-records-10-big-moments-jack-white-label-anniversary/3363931002/|páxina-web=The Tennessean|data-acceso=2020-09-24|lingua=en-US|nome=Dave|apelidos=Paulson}}</ref>
 
O nome do selo incorpora varios elementos de importancia persoal para White. A súa aficiónafección polo número tres está ben documentada.<ref name=":0">{{Cita web|título=The White Stripes Play Us a Little Number|url=https://www.pastemagazine.com/music/the-white-stripes/the-white-stripes-play-us-a-little-number/|páxina-web=pastemagazine.com|data=2007-08-08|data-acceso=2020-09-25|lingua=en}}</ref> O nome refírese ao filme de [[Carol Reed]] ''[[The Third Man (filme)|The Third Man]]'', protagonizado por [[Joseph Cotten]] e [[Orson Welles]].<ref name=":0" /> A antiga empresa de tapicería de White chamábase Third Man Upholstery, e tamén xiraba ao redor das cores amarela e negra.<ref>{{Cita web|título=Jack White: Your Furniture Is Not Dead|url=https://believermag.com/issues/|páxina-web=Believer Magazine|data-acceso=2020-09-25|lingua=en-US}}</ref> Nunha entrevista con Conan O'Brien dixo que o número tres tamén provén do número mínimo de peches que se precisan para tapizar. White tamén se refire a si mesmo como o "terceiro home" dunha muller na canción "Ball and Biscuit" do álbum de [[The White Stripes]] ''[[Elephant]]''.
 
== Notas ==