Eugenio Rueda Perosanz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Xas (conversa | contribucións)
m →‎Na guerrilla: corrixo grallas
Liña 16:
As primeiras actuacións consistiron en tratar de obstaculizar o traslado do mineral de volframio cara aos portos de [[Vigo]] e [[Coruña]] tan solicitados pola industria de guerra da Alemaña Nazi. A falla de medios e armas impediron conseguir as primeiras intencións. Sucedéronse asaltos coa fin de recadar diñeiro para a subsistencia dos guerrilleiros. A presión por parte das forzas franquistas aos familiares e amigos, administradores dos víveres aos guerrilleiros, obrigou a cambiar de táctica, decidindo cargar o peso económico sobre os mesmos responsables, aos que se desarmaba e obrigaba a entregar diñeiro para a subsistencia. Así se produciu o asalto aos ómnibus que ían á feira da Bandeira en [[Vilatuxe]] o 14 de outubro de 1946,<ref>[https://historiasdedeza.wordpress.com/2019/05/12/o-asalto-guerrilleiro-da-saborida/ O asalto guerrilleiro da Saborida]</ref> e a sabotaxe ao coche de liña na estrada do Monte da Rocha, en [[Silleda]]. O grupo realizaba o repartimento de propaganda clandestina en días sinalados, como os días de feira na comarca.
 
O [[14 de xuño]] de [[1944]] produciuse a morte do garda civil José Salgueiro Rey nun enfrontamento no lugar de Ponte Retorta ([[Manduas, Silleda|Manduas]]), paso obrigado entre a Bandeira e as Minas da Brea. A Consecuenciaconsecuencia disto foron detidos e máis tarde executados, [[Diego Valero González]] e [[Luis Blanco López]]. Ante este duro golpe, [[Víctor García García|Víctor García]] trasladou o Comité Rexional do Partido Comunista de Fontao para [[Vigo]] nese mesmo mes. Na comarca dode Deza produciuse un período de asentamento da estrutura guerrilleira, consistente en afianzar os enlaces e contribuír a divulgar a propaganda antifranquista, que traía Miguel Nicolás Esperante dende Vigo.
 
Na primavera de 1946 chegou a Galicia a nova dirección política formada por [[Antonio Seoane Sánchez]], [[Antonio Sánchez Segovia]] e [[José Isasa Olaizola]] encabezando [[José Gómez Gayoso]] como novo secretario xeral do Comité Rexional. Unha das misións prioritarias que traian os novos dirixentes, á parte de estender o movemento guerrilleiro por toda Galicia, era a de desfacer o control de Víctor García sobre os comités provinciais do PCE en Galicia. Comeza a caza do Brasileño. Eugenio Rueda foi reclamado pola nova cúpula do Comité Rexional de José Gayoso e encargado de traer a orde e acabar co Brasileño, que foi asasinado na primavera de 1948 na parroquia de [[Moalde]].