Fuenlabrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 31:
O nome de Fuenlabrada probablemente vén de ''Fuente Labrada'', por unha fonte construída na actual [[Loranca]], aldea precursora de Fuenlabrada xunto á de [[Fregacedos]], cara ó [[século XII]].
 
A poboación proveniente de Loranca, Fregacedos e Alba no [[século XIV]] estableceuse no que hoxe en día é o principio de CalleRúa de la Fuente. Desde ese punto foise expandindo, e en [[1606]] xa contaba con diversas rúas nomeadas por edificios: da Iglesia, do Hospital ou das Tabernas. Cunha poboación de pouco máis de 1.000 habitantes, no [[século XVII]] xa estaba conformado o casco antigo de Fuenlabrada.
 
A poboación continuou aumentando durante os dous séculos seguintes, a excepción do tempo da ocupación francesa. En [[1894]] contaba con 2.175 habitantes. Ao longo da primeira metade do [[século XX]], a diferenza do resto de [[España]], Fuenlabrada aumenta a súa poboación a 2.908 habitantes en [[1960]]. En menos dunha década sufriu un dos aumentos máis espectaculares da [[área metropolitana de Madrid]]. Pasou de ter 7.369 en [[1970]] á cifra de 65.181 en [[1980]]. No ano [[1990]] alcanzou os 141.496 habitantes, e a principios do [[século XXI]] posúe ao redor de 200.000 habitantes. Ao longo de todo este tempo pasou dunha estrutura urbanística totalmente rural a unha gran cidade.