Novela histórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 1:
{{sen referencias|data=agosto de 2015}}
[[Ficheiro:A romeiría de Xelmírez.jpg|miniatura|''[[A romaría de Xelmírez|A romeiría de Xelmírez]]'' é unha novela histórica de Otero Pedrayo, publicada en 1934.]]
A '''novela histórica''' é un [[xénero literario]] que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor maismáis coñecido deste xénero sexa [[Walter Scott]] ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.
== Precursores da novela histórica ==
A primeira novela histórica é "Quéreas e Calírroe"<ref>García Gual, C. "La antigüedad novelada" ed Anagrama 1995</ref>, un relato romántico de aventuras escrito por Caritón de Afrodisias no século I D. de C. no que a acción transcorre no século V A. de C. na que os personaxes ficticios alternan con outros reais como o rei Artaxerxes I. No século III D. de C. Un descoñecido (o Pesudo Calístenes) escribiu unha "Vida de Alexandre" cincocentos anos despois da morte de [[Alexandre Magno]] que tería gran repercusión na [[Idade Media]] onde se lle coñeceu como o "libro de Alexandre"; da mesma época é a "Vida de Apolonio de Tiana" escrita por Filóstrato por encargo da emperatriz Xulia Domna.