Verducido, A Lama: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
||
Liña 25:
== Patrimonio ==
[[Ficheiro:Cemiterio Verducido.jpg|dereita|miniatura|Tumbas de Francisco Garrido de la Vega e Francisco Antonio Albán Barreiro.]]
O actual templo parroquial que data do [[século XVIII]], substituíu un outro edificio anterior do que, posibelmente, fican como únicas pegadas dúas imaxes de granito policromado, representando unha a San Bieito e a outra a unha Virxe co Menino no Colo. Esta segunda imaxe, actualmente na sancristía e coñecida como Santa da Fonte ou das Augas, é probabelmente unha virxe tardo-gótica na que xa agroman algunhas influencias da arte [[Flandres|flamenga]]. A imaxe presenta a Virxe coroada, ergueita, ofrecéndolle ao meniño Xesús, sentado no seu colo, unha pequena esfera coa man dereita (un símbolo da divindade, unha alegoría do mundo ou, sinxelamente, un froito). Destaca o longuísimo cabelo da Virxe caendo polos ombreiros e baixando case ata os cóbados. Este longo cabelo atópase, fora de [[Galiza]], no treito final do [[século XV]] e no primeiro terzo do [[século XVI]], naquelas obras de influencia flamenga, especialmente na pintura e nas tallas dos retablos. Posteriormente esta imaxe da Virxe, co cabelo tan longo, será habitual nas representacións de pintores españois da primeira metade do [[século XVII]] ([[Zurbarán]], [[Murillo]] e discípulos). As súas formas son arcaizantes, resolvéndose en base a figuras xeométricas e a repetición mecánica e, as veces, pouco afortunada de clichés (as ondas dos bordos dos grosos panos e os tubos de órgano que deseñan os pregues da roupa). As figuras, frontais e ríxidas, incapaces de romper o
No arco triunfal do templo parroquial aparece a seguinte inscrición: {{Versaleta|ESTA OBRA HIZIERON LOS VEZINOS COMO PATROS IN SOLIDUN POR DERECHO LOCAL SIENDO ABAB D.FR.GARIDO HIJO DE VEZINO. AÑO DE 1776}}. Hai unha segunda inscrición na varanda da fermosa torre do campanario de difícil lectura, mas da que parece poder extraese a data de [[1790]] como a de finalización da torre.
|