Mega Drive: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 164:
=== LaserActive de Pioneer con módulo de Mega Drive ===
 
'''LaserActive''' foi o nome que se lle deu ao reprodutor de [[LaserDisc]] CLD-A100 de [[Pioneer]]. O aparello era tanto un reprodutor de Laserdisc como de CD no mesmo produto, e a adición de módulos fabricados por Sega e [[NEC]] habilitaban a unidade como sistema de videoxogos tamén. O módulo PAC-S1 de Sega, posto á venda a un prezo de 39.000 iens, permitía aos usuarios xogar cos xogos de Mega Drive, Mega-CD e a xogos especificamente creados para Mega LD. Durante un curto período se pensou nos xogos da Mega LD como a seguinte evolución dos videoxogos, principalmente porque a enorme capacidade de almacenaxe dos Laserdiscs nos que se gravaban implicaba que podían ter un tamaño moitas veces maior que antes e incluír vídeo en movemento con calidade de TV, audioson dixital e son envolvente, características todas elas xa habituais nos sistemas modernos baseados en DVD-ROM.
 
Un módulo de NEC, o PAC-N1, deulle á unidade a capacidade de reproducir xogos de Turbografx 16. A adición dun dos dous módulos tamén facía a unidade compatíbel cos controis da Sega e da NEC. Un módulo máis tardío posto á venda por Pioneer, permitía o seu funcionamento como unha completa máquina de [[Karaoke]].
Liña 173:
 
=== O Teradrive ===
O '''Teradrive''' era un [[PC IBM|PC]] [[80286]] fabricado por [[IBM]] cunha Mega Drive integrada. Só foi posto á venda no Xapón. Había tres modelos dispoñíbeis desde os 148.000 iens até os 248.000. Só o modelo máis alto da gama levaba un [[disco duro]] incorporado. Había tamén un monitor especial vendido por separado, que podía reproducir sinais de video [[RGB]] de 15 kHz desde o hardware da Mega Drive e desde a saída de [[VGA]] 31 kHz do hardware do PC, ambos a través do conectador VGA. O sistema contiña tamén tomas de video composto [[NTSC]] e tomas de audioson estéreo RCA para a conexión á televisión. Amais, podíase xogar coa Mega Drive ao mesmo tempo que se usaba o PC, e a Mega Drive e o PC podían interactuar entre si, como ficou patente co programa ''Puzzle Construction''. Tamén se podían reproducir os xogos de Mega Drive desde a RAM do PC.
 
=== O Mega PC de Amstrad ===
Liña 248:
* Seis canles [[Síntese de modulación de frecuencia|FM]], catro operadores cada unha
* [[Oscilación de baixa frecuencia|Oscilador de baixa frecuencia]] programábel e panoramización estéreo
* A sexta é de uso opcional para audioson dixital de 8 bits
 
'''Chip de son secundario''': [[Texas Instruments SN76489]]
Liña 262:
* Os demais modelos deben usar un modulador RF externo que se conecta á saída A/V
 
'''Saída A/V''': [[conector DIN]] con vídeo composto, RGB e saídas de audioson
* A Mega Drive ten unha toma de 8 pins (ao igual que a Master System), admite só audioson mono
* A Mega Drive 2, a Multimega e outros modelos teñen unha mini-toma DIN de 9 pins con audioson tanto mono como estéreo, e vídeo separado
 
'''Entrada de corrente''': require 9-10 [[voltio]]s de [[Corrente directa|CD]], 0,85-1,2 [[amperio|A]], dependendo do modelo