Diego Ameixeiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m opto por retiaro dato das trads. ao ES (indiferente para esta Wikipedia; penso que todo o máis poderían ir en nota, non no corpo do texto).
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 28:
En 2006 gañou o [[Premio Xerais]] de Novela con ''Tres segundos de memoria'', obra catalogada como "xeracional" pola crítica e cuxo argumento narra o día a día dun personaxe anónimo atrapado na precariedade económica e sentimental. Escrita con humor, a novela está chea de referencias literarias e musicais; así, por exemplo, nun dos seus capítulos o autor homenaxea o autor [[Nick Hornby]] de ''High Fidelity''. En 2009 publicou a súa cuarta novela, ''Dime algo sucio'', que foi, xunto con ''Sete palabras'' de [[Suso de Toro]], o primeiro libro electrónico publicado pola editorial [[Xerais]]. Traducida ao castelán por Pulp Books, esta novela significou un cambio de rumbo na traxectoria do autor, centrado agora en problemas espiñentos como a pederastia. ''Dime algo sucio'' recibiu o Premio Especial do Director da Semana Negra de Xixón na súa edición de 2011, ex aequo con ''Las niñas perdidas'', de [[Cristina Fallarás]]<ref>[http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19321&soportal=lg3 "Diego Ameixeiras leva o premio especial da Semana Negra de Xixón"], artigo en ''Cultura Galega'', 29 de xullo de 2011.</ref>.
 
En setembro de 2010 editouse a novela ''Asasinato no Consello Nacional'', que se converteu nun éxito de vendas. En 2011 gañou o [[premio de novela por entregas de ''[[La Voz de Galicia]]'' con ''[[Historias de Oregón]]'', publicado no xornal durante o mes de agosto<ref>[http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19239 "Diego Ameixeiras faise co Premio de Novela de ''La Voz de Galicia''"], artigo en ''Cultura Galega'', 8 de xullo de 2011</ref>.
 
Colaborou no monográfico ''A falacia da sustentabilidade'', editado por [[Renderén]].