Xénero (bioloxía): Diferenzas entre revisións

categoría taxonómica
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2005 ás 21:06

O xénero é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Compónse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (pino albar, pino negral, pino carrasco, etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.

O nome xenérico ten de ser un sustantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.

O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Linneo aceptounos, concretando así o seu pensamiento: "Hai tantos xéneros cantas son as fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na traducción da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da fructificación.

Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxis, a anatomía, etc.

Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros.


Niveis de Clasificación

Familia
[Subfamilia] [Infrafamilia] [Tribo]
[Superxénero]
xénero
[Subxénero]
[Infraxénero]
Especie
[Subespecie]


NOTAS:

  • Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa.
  • A clasificación ordéase de xeral a concreto.