Léopold Eyharts: Diferenzas entre revisións

Astronauta francés
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2020 ás 19:10

Modelo:Astronauta Léopold Eyharts, nado en Biarritz, Francia, o 28 de abril de 1957, é un astronauta francés que formou parte das misións Soiuz TM-26, Soiuz TM-27, STS-123 e STS-122 e formou parte da Expedición 16 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Traxectoria

Eyharts graduouse en Física pola Universidade de Colonia en 1977, e é máster en física experimental 1983. Doutorouse en Física en 1986 e ten un grao menor en fisioloxía humana.[1][2]

Ewald traballou como enxeñeiro na Academia da Forza Aérea de Salon-de-Provenceen 1979. Cualificouse como piloto en Tours en 1980 e graduouse na escola de pilotos de proba de Istres en 1988. En 1990 foi seleccionado como astronauta polo CNES e asignado ao programa Hermes de avión espacial tripulado. Entre 1991 e 1993 adestrouse no Centro de Adestramento Yuri Gagarin cerca de Moscova. Formou parte da avaliación do transbordador espacial Buran en Moscova, onde voo no Tupolev 154 modificado para simular o transbordador. Entrou no corpo europeo de astronautas, dependente da ESA, en 1992. Posteriormente foi membro das misións Soiuz TM-26, Soiuz TM-27, STS-123 e STS-122 e da Expedición 16 á ISS.[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Eyharts, Léopold Paul Pierre" (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 ESA, ed. (2020). "Léopold Eyharts" (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos