Acordos de Basilea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 6:
Anteriormente, o Comité de Basilea compoñíase por representantes dos bancos centrais e as administracións reguladoras do G-10 máis [[Luxemburgo]] e [[España]]. Dende 2009, están representadas tódalas economías principais do [[G-20]] así como outras das principais prazas bancarias como [[Hong Kong]] e [[Singapur]].
 
O Comité non ten a autoridade para impoñer as súas recomendacións, aínda que a maioría dos países membros, así como outros países, tenden a implantar as políticas do Comité. Isto significa que as recomendacións se executan a través de [[lei]]s e regulamentos tanto a nivel nacional como europeo, máis que comacomo un resultado das recomendacións do Comité. Deste xeito pode pasar un tempo entre a publicación das recomendacións e a súa execución como lexislación nacional.
 
== Nomenclatura ==
Liña 14:
 
=== Basilea I ===
Basilea I é o conxunto de decisións acordadas polos [[banco]]s centrais de todo o mundo. En [[1988]] o Comité de Supervisión Bancaria de Basilea publicou unha serie de requirimentos de capital mínimo para as entidades bancarias. Este Acordo tamén é coñecido como o Acordo de Basilea de 1988 e foi imposto por lei nos países membros do [[G-10]] en 1992. Un novo conxunto de normas coñecidas como Basilea II elaborouse máis tarde coa intención de emendar os Acordos de Basilea I. Porén, recibiron críticas por permitir que os bancos asumisen outros tipos de riscos, o que se considerou parte do detonante da [[crise financeira de 2008]] por mor dos préstamos hipotecarios de alto risco. De feito, os reguladores bancarios dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] reclamaron ós bancos o seguimento do conxunto de regras (Basilea I e Basilea II) para conseguirconseguiren un enfoque máis conservador. Por isto, prognosticouse que só os bancos máis importantes dos EEUU operarían segundo o establecido nas normas de Basilea II, mentres que os outros se rexerían polas normas de Basilea I.
 
=== Basilea II ===
Basilea II publicouse por primeira vez en xuño de [[2004]] para emendar as normas internacionais que controlan canto capital precisan os bancos para aseguraraseguraren a súa protección fronte osós riscos financeiros e operativos. As normas pretenden garantir que canto maior é o risco ó que un banco está exposto, maior sexa a cantidade de capital necesaria para salvagardar a súa [[solvencia económica|solvencia]] e estabilidade económica. Basilea II establecía uns requisitos de xestión de capital e risco para asegurar que un banco posuía a cantidade de capital suficiente para afrontar os riscos ó que estaba exposto polas súas propias operacións comerciais, de préstamo e de investimento. Un dos principais obxectivos era o de manter unha homoxeneidade nos regulamentos talco quefin permitise asíde limitar dese xeito a [[competencia desleal]] entre os bancos en activo internacionais. Aínda que Basilea II foi elaborado nos anos anteriores ó 2008 non foi ata comezos deste ano cando as principais economías o implantaron, mais a crise financeira fixo que non chegase a ser efectivo.
 
=== Basilea III ===
Basilea III ou Terceiro Acordo de Basilea é un marco regulador mundial e voluntario que rexe a adecuación do [[capital bancario]], as probas de resistencia e o risco de liquidez dos mercados. Foi acordado entre os membros do BCBS en 2010-2011, e programouse a súa introdución entre 2013 e [[2015]]. NonNo entanto, os cambios producidos a partir do 1 de abril de [[2013]] ampliaron a súa execución até o 31 de marzo de [[2018]] e posteriormente até o 31 de marzo de [[2019]]. O terceiro dos Acordos de Basilea redactouse en resposta ás deficiencias da [[regulación económica]] que saíron á luz durante a crise financeira de 2008, mais non tiña como obxectivo substituír os acordos anteriores, senón que se centra noutras cuestións relacionadas principalmente co risco de pánico bancario. Ademais, Basilea III reforzaría os requirimentos de capital bancario aumentando a [[liquidez]] e reducindo o apancamento dos bancos.
 
Durante as negociacións de Basilea III, a crise era unha prioridade e, en consecuencia, tomáronse medidas más severas que foron adoptadas rapidamente por algúns dos países chave da economía incluíndo a rexión [[Unión Europea|europea]] e os EEUU.