Valga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
protección dos dereitos de autor; tódolos contidos nesta Wiki deben poder licenciarse, polo menos, baixo CC BY-SA, que inclúe mesmo obra derivada e uso comercial
Liña 154:
 
Tamén no [[2017]] adoptouse un himno para o concello, composto polo músico valgués Manu Conde, membro do grupo [[Milladoiro (grupo musical)|Milladoiro]], con letra anónima, segundo o concello. Un veciño afirmou que a letra do himno baséase nunha composición poética súa que el mesmo dera a coñecer ao concello. Segundo este veciño, a letra fora despois sometida a modificacións que el nunca autorizou, polo que se desvinculou do proxecto. Con todo, denunciou que a letra final foi desenvolvida a partir do seu texto, co que mantén unha gran semellanza, sen recoñecemento á súa autoría orixinal.<ref>{{Cita web|título=Un vecino de Valga acusa al Concello de plagiar un poema suyo en el himno municipal|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/05/27/vecino-valga-acusa-concello-plagiar-poema-suyo-himno-municipal/0003_201705A27C4991.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2017-05-27|data-acceso=2019-12-12|lingua=es}}</ref>
 
 
'''Himno municipal de Valga<ref>{{Cita web|título=Símbolos corporativos|url=https://www.valga.gal/fotos/corporativas|páxina-web=Web Concello de Valga|data-acceso=2019-12-12|apelidos=Administrador}}</ref>:'''
 
''As túas costas protexidas por outeiros,''
 
''bicados polo Ulla os teus beizos,''
 
''oh, ti, ben amada,''
 
''que fermosa es, Valga!''
 
 
''Liberdade, coraxe e honra''
 
''herdadas do teu sabio pobo,''
 
''non deixes que nas pedras morran''
 
''as tradicións, contos e lendas.''
 
 
''Ata nós chegan pegadas''
 
''dos mouros que aquí mercaron,''
 
''e heroes que salvaron''
 
''a túa beleza.''
 
 
''As túas costas protexidas por outeiros,''
 
''bicados polo Ulla os teus beizos,''
 
''oh, ti, ben amada,''
 
''que fermosa es, Valga!''
 
 
''Lembranzas cheas de saudade''
 
''espertas ao emigrante,''
 
''no peregrino paseante''
 
''ao aloumiño do seu fogar.''
 
 
''Moitos camiños percórrente''
 
''para levarnos ao futuro''
 
''e nunca vexas escuro''
 
''o verdor do val.''
 
 
''As túas costas protexidas por outeiros,''
 
''bicados polo Ulla os teus beizos,''
 
''oh, ti, ben amada,''
 
''que fermosa es, Valga!''
 
== Valga na literatura popular ==