Guareña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ine
Liña 21:
O núcleo urbano actual comezou a crecer, alá polo [[século XIII]], ao redor dun primitivo torreón vixía, de cando esta zona foi terra fronteiriza coa dos mouros, antes da Conquista do Val do [[Guadalquivir]] por [[Fernando III o Santo]], tendo a consideración de poboado a partir de finais do [[século XIII]] (son numerosas as referencias documentais a esta poboación a partir desta data). O crecemento e a fusión, sobre aquel torreón inicial, das aldeas próximas deu orixe ao que sería o centro urbano de Guareña. Os seus poboadores naquelas datas eran de procedencias moi diversas, abundando os orixinarios de terras do norte. Por Guareña pasa a [[Cañada Real Leonesa]], unha das Cañadas máis importantes para a [[transhumancia]] na antigüidade, posible orixe da afluencia de poboadores do norte que baixaban cos seus gandos e posteriormente asentábanse pola zona. O seu nome como tal non aparece ata o [[século XIII]] nun privilexio concedido por [[Afonso X]], e no [[século XV]] os [[Reis Católicos]] concedéronlle o título de Leal, eximíndoa da xurisdición da [[Orde de Santiago]]. Máis tarde pasou a depender do Condado de Medellín, e no [[século XVIII]] diferentes nobres (Conde dos Corbos, Marqués de Monsalud, Duque do Arco, Marqués de Mondéjar, ...) repartiríanse a maior parte das súas ricas devesas.
 
Tras a caída do [[Antigo Réxime]], a localidade constitúese en [[municipio|municipio constitucional]] na rexión de [[Estremadura]]. Desde [[1834]] quedou integrado no Partido xudicial de Don Benito.<ref>{{cita libro |título= Subdivisión en partidos judiciales de la nueva división territorial de la Península e islas adyacentes|url=http://www.cervantesvirtual.com/nd/ark:/59851/bmc6h4x7|editor= Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes|ano=2006|data= 21 de abril de 1834|lingua=es}}</ref> No censo de 1842 contaba con 1052 fogares e 3026 veciños.<ref>Municipio Código [[Instituto Nacional de EstatísticaEstadística de España|INE]] -06-060.[http://www.ine.es/intercensal/intercensal.do?search=1&cmbTipoBusq=0&textoMunicipio=Guare%F1a&btnBuscarDenom=Consultar+selecci%F3n Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842]</ref>
 
== Toponimia ==
Liña 32:
|2.145|2.524|3.946|5.234|10.323|7.787|7.395}}
 
En [[1591]] Guareña contaba con 2.145 habitantes, en [[1787]] alcanzaba os 2.524, chegando aos 3.946 en [[1829]]. O aumento proseguiu e en [[1857]] alcanzaba os 5.234. En [[1962]] alcanzaría o seu teito demográfico con 10.323 habitantes. A partir desta data a emigración que afectou a toda a rexión tamén deixo pegada neste municipio aínda que cunha repercusión menor que noutras zonas, en [[1986]] a poboación era de 7.787 habitantes, segundo o censo de 1996 de 7.395 habitantes e é, no entanto, unha poboación pouco envellecida, aínda que nos últimos anos a taxa de natalidade descendeu. No 2008 tiña 7.365 habitantes ([[Instituto Nacional de EstatísticaEstadística de España|INE]]).
 
== Clima ==