Diferenzas entre revisións de «Conversa usuaria:Vitoriaogando»

m
== Traducións ==
Ola, Vitoria. Hoxe cadroume de tocar dúas veces no artigo de Diego Ameixeiras porque eran incorrectos os datos que fornece Bitraga (aínda que en realidade non tanto, pois na ficha para a tradución ao castelán dalgunhas obras súas figura el como autor, non como tradutor). En fin, que toquei unha primeira vez [https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Diego_Ameixeiras&type=revision&diff=5187927&oldid=5179284] para poñer o nome correcto da tradutora, Isabel Soto. Mais deseguido caín na conta do raro que resulta inserir no corpo do texto as mencións ás traducións (que pode ser en ducias de linguas, por exemplo para algúns libros de Agustín Fdez. Paz ou de Rosalía de Castro) das obras orixinais dos autores, polo que optei directamente por retirar esa información [https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Diego_Ameixeiras&type=revision&diff=5187931&oldid=5187927] (como puxen no cadro de resumo de edición, outra opción que eu vería factible sería deixar o dato en nota). Tal como eu o vexo, esta Wikipedia debe ser o máis completa posible en canto á relación de obras orixinais dos autores, e na medida do posible, nun segundo plano, recoller as traducións desas obras a outras linguas, pero sen invadir o listado das publicacións orixinais en lingua galega. A miña suxestión pasa polo tanto ou ben por listalas en nota ou ben por crearmos un apartado á marxe (en subcabeceira) que glose o conxunto das traducións a outras linguas (non só ao castelán, naturalmente; Ameixeiras, por exemplo, tamén algo ten en italiano e creo que en catalán). En fin, aí che queda esa reflexión, pois es ti quen está a pasar o traballo de engadir eses datos. Pénsao, a ver se damos cunha solución común a todos os artigos. Saúde! --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 1 de xullo de 2019 ás 17:53 (UTC)
* Ola de novo, Vitoria. Grazas polo traballo, e vaia por diante que as traducións das obras de autores e autoras galegos a outras linguas tamén a min me parecen de clara relevancia para a Wikipedia en galego. Non obstante, manteño que é inviable meter liñas de texto para informar das traducións no corpo xeral das entradas dos autores (non así nas entradas das obras). Tal como eu o vexo, desvía a atención, desvirtúa a sección cando as traducións son moitas e crea unha sorte de tabula rasa para niveis informativo distintos. Opino que sería máis acaído informar das súas traducións a todas as linguas non no artigo do persoeiro senón no da obra. Así, por exemplo, creo que un exemplo de como debemos facelo estaría no artigo de [[Agustín Fernández Paz]] e seguidamente no de, poñamos por caso, o seu ''[[Contos por palabras]]'' (que ti mesma creaches). A min dese odo paréceme que queda moi limpo. En resumo, despois de reflexionar un pouco ao respecto, non lle acabo de atopar o sentido a encher con eses contidos sobre as traducións de obras concretas as entradas dos autores, mais si que llo atopo -todo o do mundo- a incluírmos traducións, versións e adaptacións nas entradas paticulares de cada obra. Que conste que seguramente eu mesmo debín, en máis dunha ocasión, meter traducións en entradas de autores e non nas das obras, pero agora que cadrou de ter que darlle unha volta ao asunto, creo que esta solución sería bastante nidia e útil. Por último, se no te convencín e prefires que sigamos afondando na cuestión, cabe a posibilidade de abrir o debate na Taberna con vistas a consensuar un procedemento e plasmalo, se é o caso, nunha política oficial -votación mediante-. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 4 de xullo de 2019 ás 10:41 (UTC)
43.614

edicións