Xoán Sexismundo Zápolya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 5:
Logo de resistir durante dous séculos os ataques [[Imperio Otomán|turcos otománs]], Hungría finalmente foi derrotada en [[1526]] na [[batalla de Mohács]], onde morreu o rei [[Lois II de Hungría]]. Ó non deixar herdeiros, axiña o voivoda de Transilvania, o conde húngaro [[Xoán I Szapolyai|Xoán de Zápolya]] e [[Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Fernando I de Habsburgo]], irmán do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador xermánico]] fixéronse coroar como reis [[Hungría|húngaros]] e continuaron unha serie de loitas por conservar o control do reino. Posto que o rei Xoán I de Hungría non tiña fillos herdeiros, trala súa morte, Fernando Habsburgo e os seus descendentes serían os reis húngaros.
[[Ficheiro:John_Sigismund_of_Hungary_with_Suleiman_the_Magnificient_in_1556.jpg|esquerda|miniatura|260x260px|Xoán Sexismundo Zápolya axeonllado perante o sultán [[Suleiman I|Suleimán o Magnífico]] en 1556.]]
Porén, en [[1540]] xusto antes de morrer, Xoán I decatouse de que a súa esposa a raíña Sabela Jagiellon (filla do rei [[Segismundo I Jagellón o Vello|Sexismundo I de Polonia]]) finalmente dera a luz un fillo home, ó cal chamaron Xoán Sexismundo Zápolya e de inmediato foi proclamado como sucesor no trono húngaro. Fernando axiña se decatou disto e mobilizou os seus exércitos cara a Hungría, tralo cal o sultán [[Suleiman I|Suleimán o Magnífico]] enfurecido decidiu que non se podía confiar nin nos húngaros nin nos xermánicos, pois pactaban en segredo ás súas costas.
 
En poucos meses, os exércitos otománs avanzaron cara á sede real húngara, [[Budapest|Buda]], instalando o seu campamento en agosto de 1541 xunto á montaña sobre a cal se achaba a cidade real. Axiña Suleimán enviou os seus emisarios ó palacio pedíndolle á raíña viúva Sabela que fose ó campamento turco a presentarlle ó neno acabado de nacer. Baixando nunha carruaxe dourada onde viaxaba a raíña con varias amas de cría que levaban a Xoán Sexismundo nos seus brazos, axiña os húngaros se deron conta de que o sultán artellaba algo: un continxente de [[xanízaro]]s turcos aproveitou a ocasión para coarse na cidade e sen ningún enfrontamento armado esta foi tomada polas forzas otomás. Logo de estar varios días encerrada no seu palacio, a raíña Sabela foi trasladada co seu fillo ao castelo de Lippa, xunto ao río Maros. O sultán permitíralle levar todas as súas pertenzas persoais e prometeulle que ocuparía a cidade de Buda até a maioría de idade de Xoán Sexismundo, quen reinaría de forma independente, aínda que como vasalo do Imperio Otomán. A raíña arribou finalmente á cidade de [[Alba Iulia|Gyulafehérvár]] en Transilvania (onde a familia do seu esposo tiña extensos dominios), mudándose ó palacio obispal que foi remodelado para acoller á raíña e ao seu fillo.<ref>Lázár, Gyula. (2011). Az Oszmán Birodalom fénykora és hanyatlása (La Edad de Oro y la Caída del Imperio otomano). Attraktor. pág.: 81-83.</ref>
Liña 15:
En [[1568]], Xoán Sexismundo, aconsellado polo [[Teoloxía|teólogo]] Ferenc Dávid, ordenou a sanción do Edicto de Turda, o cal estipulaba que se debían respectar as catro tendencias relixiosas cristiás principais: ([[Igrexa católica|catolicismo]], [[luteranismo]], [[calvinismo]] e unitarismo).
 
Posteriormente, a pugna entre os dous pretendentes ó trono húngaro continuou ata que un par de anos despois da Paz de Adrianópole en [[1568]], asinada entre o emperador germánico [[Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Maximiliano II de Habsburgo]] e o sultán [[Selim II]], Xoán Sexismundo vese obrigado a renunciar ó título de rei húngaro en [[1570]].
 
No acordo de Speyer entre Xoán Sexismundo e o emperador, Transilvania foi recoñecida como un Principado independente baixo vasalaxe ante os turcos otománs con Xoán Sexismundo á súa cabeza, selándose así a separación do reino húngaro en tres rexións político-administrativas independentes. Xoán Sexismundo morreu poucos meses logo da ratificación de devandito acordo en [[1571]], e o conde [[Estevo I Báthory]] foi elixido como novo Príncipe transilvano pola gran asemblea.