Fenicios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Historia: corrixo
Liña 5:
 
== Historia ==
Inicialmente, máis que dun país, habería que falar de varias [[cidade-estado|cidades-estado]] principais, con gobernos independentes: Arados, Berytos ([[Beirut]]), [[Biblos]], [[Sidón]] e [[Tiro]], todas estas cidades estaban localizadas no actual Líbano e corresponden aos períodos históricos de Fenicia.
 
Situados os fenicios no que é hoxe o Líbano, floreceron ata a conquista de [[Alexandre Magno]] que tivo lugar o [[-332|332 a.C.]]. Vivían en cidades independentes e costeiras próximas ao mar, desunidas unhas doutras aínda que baixo a preponderancia ou hexemonía de Sidón ata o [[século -XIII|século XIII a.C.]] e da de [[Tiro]] desde esta data en diante, sendo como a súa cidade santa ou centro moral e relixioso a famosa [[Biblos]] ou Gebal, de onde procedían os canteiros que traballaron para o [[templo de Salomón]] (''lib. III dos Reis c.V, v.18'').
 
Cada cidade tiña o seu rei e o seu consello de anciáns (integrado por uns 100 membros). As súas actividades económicas eran principalmente o comercio marítimo de [[vidro]], [[metais]], [[madeira]] de [[cedro]] (que sacaban de Biblos) e tecidos (que tinguían cocoa púrpura obtida dun caracol do Mediterráneo, o [[múrice]]). Desta forma, constituíronse nas máis poderosas [[talasocracia]]s do Mediterráneo, a imaxe da extinta [[civilización minoica]]. As súas rutas comerciais chegaban ata as [[Casitérides]] no [[Atlántico]].
 
Os fenicios enviaron barcos mercantes por todo o [[Mediterráneo]] para fundar [[Colonialismo|colonias]] nas súas beiras, desde [[Asia Menor]] ata a [[Península Ibérica]], como [[Trípoli, Líbano|Trípoli]], Gadir ([[Cádiz]]), Sexi ([[Almuñécar]]), Rusadir ([[Melilla]]) e Malaka ([[Málaga]]). Con todo a súa colonia de maior importancia foi [[Cartago]], ao norte de África, que se independizou trala ocupación de Fenicia por parte dos [[Asiria|asirios]].
 
Despois de períodos consecutivos de dominación [[asiria]], [[Persia|persa]] e [[Reino de Macedonia|macedónica]], a rexión de orixe dos fenicios perdeu o seu poder, ao paso que unha das colonias fenicias do Mediterráneo, [[Cartago]], ascendeu como un dos portos máis importantes do Mediterráneo. Nun intervalo de 120 anos, entre os séculos [[século -III|III]] e [[século -II|II]] a.C., os fenicios de Cartago disputaron o control do Mediterráneo o [[Imperio Romano]] nas chamadas [[guerras púnicas]].
 
Despois da súa derrota, no ano [[-146|146]] a.C., pouco restou da cultura fenicia.