Bibiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m pai
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 26:
Fillo de [[Adonis Morón Silva]]. Iniciouse na canción galega comprometida no ano [[1970]], nos derradeiros tempos de [[Voces Ceibes]]. O seu primeiro concerto foi no colexio do [[Opus Dei]] "La Estila" de Santiago nese mesmo ano. Incorporouse á nova canción galega nos anos do fin do [[franquismo]].
 
Foi especialmente famoso o concerto que deu acompañado polo tamén membro de [[Voces Ceibes]] [[Benedicto García Villar]] o [[25 de xuño]] de [[1976]] no Pavillón dos Deportes da [[A Coruña|Coruña]]. O concerto, en solidariedade co dirixente [[comunismo|comunista]] [[Santiago Álvarez]], preso no penal de [[Carabanchel]], converteuse nun acto de reivindicación galeguista e nun dos fitos culturais máis importantes da [[transición española|transición]] en [[Galicia]].<ref>{{cómpreCita referencianovas|apelido=Redacción|url=https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/falece-bibiano-verso-mais-libre-voces-ceives/20161228114647053836.html|título=Falece Bibiano, o verso máis libre dos Voces Ceibes|xornal=Sermos Galiza|data=28 de decembro de 2018|dataacceso=30 de novembro de 2018}}.</ref>
 
A súa achega foi incorporar percusión e instrumentos eléctricos (fundamentalmente a [[guitarra eléctrica]]) na canción galega, que até entón só era de voz e [[guitarra española]].