Adiantado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
extender > estender
 
Liña 1:
Un '''adiantado''' (''adelantado'' en castelán) era un funcionario do [[Reino de Castela]] que tiña a máxima autoridade xudicial e gobernativa sobre un distrito. O primeiro adiantado nomeouse en 1253 en La Frontera ([[Andalucía]]), a partir de 1258 o cargo extendeuseestendeuse a [[reino de Galicia|Galicia]], [[reino de Castela|Castela]], [[reino de León|León]] e [[Murcia]]. En Galicia e outros territorios do norte da península os [[meiriño]]s maiores que tiñan poderes executivos pero non xudiciais foron substituídos polos adiantados pero seguiuse utilizando tamén o nome de meiriño como sinónimo. No sur da península só se lles denominou adiantados e foron adquirindo máis competencias militares. Nos comezos da Idade Moderna o título convertérase en hereditario e puramente honorífico.
 
Durante a conquista de [[América]] por [[España]] o rei concedeu o título de adiantado ós conquistadores que emprendían expedicións con medios privados e que se convertían en representantes da Coroa no territorio que conquistasen.