Lingua valoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
plan de normalización lingüístico para o valón? cal?
Liña 25:
A pesar da súa rica [[literatura]], a cal comezou de forma anónima no [[século XVI]] e con autores coñecidos dende [[1756]], o uso do valón diminuíu notablemente dende a anexión francesa de [[Valonia]] en [[1795]]. Este período estabeleceu na zona ao [[Lingua francesa|francés]] como lingua da prestixio social, moito máis do que podía ser antes. Aínda que [[Bélxica]] obtivo a súa independencia en [[1830]], o francés estableceuse como o idioma principal no ensino en gran parte do país. Despois de [[Primeira Guerra Mundial]], as escolas públicas proporcionaron educación en lingua francesa a tódolos nenos, inducindo unha denigración do valón e acompañado dunhas ordes oficiais en [[1952]] para castigar o seu uso nos centros de ensino. Posteriormente, dende mediados do [[século XX]], a transmisión xeracional da lingua reduciuse, convertendo ao valón practicamente nunha lingua morta. Hoxe en día apenas é falado entre os mozos.
 
Numerosas [[Organización non gobernamental|asociacións]], especialmente [[Teatro|compañías de teatro]], están a traballar para manter a lingua viva. A nivel gobernamental, o valón está oficialmente recoñecido como unha ''langue régionale endogène'' (lingua rexional indíxena). O valón tamén se beneficia dun plan de normalización lingüística. O sistema Feller (1900) regulariza a transcrición dos diferentes acentos. Ademais, dende os anos [[1990]], estabeleceuse unha [[ortografía]] común, a cal permite a publicación de textos en valón a grande escala. Compre non confundir o valón co [[Lingua francesa|francés]] de [[Bélxica]], o cal difire do francés falado en [[Francia]] nalgúns puntos menores do [[léxico]] e a [[fonética|pronuncia]].
 
== Notas ==