Xosé Aldea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 4:
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Culturgal 2014 equipo.jpg|miniatura|dereita|Equipo do Culturgal 2014.]]
Socio fundador e director da editorial e consultoría cultural [[Ouvirmos]]. É coordinador xeral e director da feira [[Culturgal]] desde 2013 e forma parte do Padroado da [[Fundación Celso Emilio Ferreiro]] en calidade de director técnico. Foi vicepresidente da [[Asociación Galega de Editores]] desde 2014 até 2016 e membro desde o 2008 da Asoción Galega de Empresa Musicais<ref>[https://es.linkedin.com/in/jos%C3%A9-manuel-aldea-moscoso-77713026 CV do persoeiro]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} en LinkedIn {{es}}.</ref>.
 
Desde finais dos anos 1980 participa como promotor e activista cultural en organizacións non gobernamentais relacionadas coa lingua e a cultura. No ano 1998 encargouse da produción executiva de ''A feira das mentiras'', o macroespectáculo galego de [[Manu Chao]], realizado en [[Santiago de Compostela]]. Foi socio fundador de ''Lonxa Cultural'', primeira distribuidora dixital de produtos musicais galegos (2007){{Cómpre referencia}}. Coordinou por encargo da [[Xunta de Galicia]] a programación das actividades da delegación galega na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires (2016).