Uruk: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Historia: +control autoridades using AWB |
|||
Liña 18:
[[Oppenheim]] afirma que, "En Uruk, na zona sur da Mesopotamia, a civilización sumeria parece que alcanzou a súa cúspide creativa. Isto aparece repetidas veces nas referencias a esta cidade en textos relixiosos e especialmente en textos literarios, incluíndo aqueles de contido mitolóxico; a tradición histórica preservada na lista de reis Sumerios confírmao. O centro do poder político desprazouse posteriormente de Uruk a [[Ur]]."
Segundo a Biblia ([[Xénese]] 10:10), [[Erech]], probablemente Uruk, foi a segunda cidade fundada por [[Nemrod|Nimrod]]. Parece que tamén foi o fogar dos [[Archavitas]], exiliados por [[Asnapper]] a [[Samaria]] ([[
A primeira escavación de Uruk realizouna un equipo alemán guiado por [[Julius Jordan]] antes da [[Primeira Guerra Mundial]]. Esta expedición regresou en 1928 e fixo escavacións posteriores ata 1939. En 1954 regresou baixo a dirección de H. Lenzen e realizáronse escavacións sistemáticas nos anos seguintes. Estas escavacións deron con algúns dos documentos sumerios máis antigos e unha gran cantidade de tabelas legais do período [[Imperio Seléucida|seléucida]], publicadas posteriormente por Adam Falkenstein e outros epigrafistas alemáns.
|