Especiación: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Mecanismos postcigóticos: +control autoridades using AWB |
Feita revisión lingüística |
||
Liña 10:
*[[Illamento reprodutivo]].
Se as barreiras chegan a desaparecer sen que transcorrese [[tempo]] suficiente para que se produza a especiación, ó xuntárense as [[Subespecie|subespecies]] formadas, pódense cruzar entre elas mesturándose así as variacións xenéticas que puideran experimentar ó longo de todo ese tempo.
A duración dos fenómenos de especiación non foi estimada na [[biosfera]] actual porque aínda non se viu aparecer unha nova especie en condicións naturais. Estimacións de especiacións moi numerosas en lapsos de tempo relativamente curtos foron
A variación e [[variabilidade xenética]] son aspectos moi importantes á hora de entender o concepto de especiación. No marco dunha simple especie ten moitas implicacións en case tódolos aspectos da [[bioloxía]], especialmente na interpretación das especies e os procesos de especiación. Este concepto refírese ós cambios que se producen no material xenético dunha [[poboación]] ou especie que
O mantemento da variabilidade xenética é importante para a supervivencia das especies, xa que responde a unha variedade de forzas selectivas ambientais, dando lugar ó predominio de certos [[Xenotipo|xenotipos]] en poboacións de diferentes áreas ou tipos de [[hábitat]].
A variación xoga un papel central en moitas discusións sobre os mecanismos de especiación, especialmente na controversia referente ós modelos alopátrico e simpátrico. A principal diferenza de opinión reside en se as poboacións necesitan
== Modelos de especiación ==
Liña 26:
A [[Neodarwinismo|Teoría Neodarwinista]] desenvolveu modelos de especiación para interpretar como as novas especies traspasan a liña de descontinuidade reprodutiva. As relacións xeográficas, morfolóxicas e xenéticas entre poboacións e especies próximas conduciron a postular basicamente tres tipos principais de especiación:
*'''[[Especiación alopátrica]]''' (noutra patria): É a especiación que resulta da aparición de barreiras reprodutoras entre poboacións xeograficamente separadas, ó
**'''Especiación vicariante:''' Prodúcese cando dúas poboacións diferentes se separan mediante barreiras orixinadas por cambios xeolóxicos ou climáticos que son impenetrables. Isto
**'''[[Especiación peripátrica]]:''' Implica a separación dunha poboación menor doutra maior co fin, por exemplo, de colonizar novos hábitats. Co tempo lograrase unha diverxencia xenética e/ou morfolóxica que derivará nunha nova especie. Estes individuos dunha especie que migran a unha localidade distante onde non existen outros membros da súa especie e
*'''[[Especiación simpátrica]]''' (na mesma patria): Este tipo de especiación dáse entre especies estreitamente relacionadas que conviven na mesma área de distribución e que se van especializar en ocupar diferentes [[Nicho ecolóxico|nichos]] dentro da contorna na que viven. Deste xeito, acadan unha separación física e adaptativa suficiente para
*'''[[Especiación parapátrica]]:''' Ocorre en poboacións que posúen unha área de distribución espacial continua. É típica de organismos inmóbiles que ocupan áreas xeográficas moi amplas. A falta de mobilidade (grandes distancias,...) impide que os organismos dos extremos desa área se poidan cruzar, ou que ese cruzamento sexa moi complicado, establecéndose co tempo unha barreira reprodutiva.
== Mecanismos de illamento reprodutivo ==
Como se mencionou anteriormente, a diferenciación de especies implica un illamento reprodutivo entre ámbalas dúas, o que impide a transferencia xénica, e polo tanto non poden xerar descendencia
=== Mecanismos precigóticos ===
Liña 40:
*Xeográficos ou Ecolóxicos: dúas especies con nichos ecolóxicos que non coinciden están reprodutivamente illadas. As poboacións viven nas mesmas rexións pero ocupan hábitats distintos.
*[[Etoloxía|Etolóxicos]]: entre os [[Animal|animais]], os individuos de distinto [[sexo]] realizan un cortexo ritual, en ocasións moi elaborado, que facilita o recoñecemento dos individuos da súa mesma especie e estimula o [[apareamento]]. Diferenzas mínimas no seu comportamento durante o cortexo poden conducir á falta de atracción entre os sexos.
*Mecánicos: relacionados coa diferenza no tamaño ou na configuración dos xenitais, que poden impedir o apareamento e, polo tanto, a fecundación (xenitalia en animais e [[flor]]es en [[Vexetal|vexetais]]).
*Gaméticos ou Fisiolóxicos: os [[Gameto|gametos]], en particular os masculinos, poden ser destruídos antes da fecundación. Estes non sobreviven en tractos reprodutivos estraños. Nos vexetais é frecuente que os grans de [[pole]] non desenvolvan o [[tubo polínico]] sobre [[Estigma (botánica)|estigmas]] de flores doutra especie. No caso dos animais con fecundación externa, os gametos de especies diferentes non se atraen aínda que se atopen xuntos no medio. Tamén son frecuentes os cambios [[Cromosoma|cromosómicos]] que producen esterilidade ou inviabilidade dos híbridos.
=== Mecanismos postcigóticos ===
Neste caso, o cigoto pode chegar a formarse, pero, ou o [[feto]] non chega a nacer, ou nace pero non constitúe un individuo eficaz bioloxicamente, é dicir, é débil ou estéril. Este tipo de [[illamento reprodutivo]] pode deberse, como consecuencia, ás seguintes situacións:
*Inviabilidade
*Esterilidade no desenvolvemento do híbrido porque as súas [[gónada]]s se desenvolven anormalmente ou porque a [[meiose]] se interrompe antes do seu remate. Exemplo: as [[Mula|mulas]] ou as bestas.
*Esterilidade na segregación do híbrido, xa que son estériles porque presentan unha segregación anormal cara os gametos de cromosomas completos, de segmentos de cromosomas ou de combinacións de xenes.
*Desintegración da segunda xeración, sendo os híbridos da primeira xeración normais, vigorosos e fértiles, pero na segunda hai moitos individuos débiles ou estériles.
|