Casco de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 27:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Casco de Leiro, Castelo San Antón (A Coruña).jpg|miniatura|250px|esquerda|O casco de Leiro.]]
É de forma esféricasemiesférica e remata nun pequeno tronco de cono de base estreita. O seu diámetro máximo é de 195 mm e unhaa altura de 150 mm máis os 23 mm do remate. O seu peso é de 270 gramos.
 
A imaxe de pezas similares centroeuropeas poida que fose primeiro unha cunca, usada para algún tipo de ritual, e despois, engadido o remate, usado como ''"casco de parada"'', símbolo da autoridade dentro dunha xerarquía, xa que a delgadeza da lámina desbota calquera aplicación defensiva.
Liña 33:
O casco realizouse dunha única peza. Primeiro fundiron un calote, e posteriormente mediante un traballo de batido, foi levantada a lámina de ouro (mediante a técnica chamada ''rising''). O remate superior xa formaba parte desta peza inicial, polo que non se pode considerar que fose engadido posteriormente. Pola parte interior do obxecto pódese observar unha leve depresión efecto do fundido inicial con este remate macizo.
 
A peza presenta decoración en toda a súa superficie, feita mediante a técnica do [[repuxado]]. Os motivos, bolos, dispóñense en bandas horizontais separadas por grupos de tres baquetóns paralelos (ata seis bandas) que desaparecen no remate. Presenta bolos simples e bolos rodeados de catro baquetóns circulares concéntricos enmarcados entre catro boliños. En algúns depósitos europeos da Idade de Bronce Final, como por exemplo o de Generalard en Francia, se conservanconsérvanse os punzóns de matriz complexa con que foron obtidos este tipo de decoracións. Estes punzóns complexos, en ocasións cunha parte en positivo e outra en negativo, están normalmente feitos en bronce pola técnica de fundición á cera perdida, polo que se considera propio da [[ourivaría]] do Bronce Final, e, máis concretamente, do ámbito tecnolóxico denominado ''Villena-Estremoz''. De momento non coñecemos obxectos deste tipo no ámbito da Penínsulapenínsula Ibérica.
 
En toda Europa hai referentes do emprego deste tipo de obxectos, algúns comoque semellan sombreiros (por exemplo os conos de Avanton en Francia, ou Ezelsdorf ou Berlín en Alemaña) e outros como cuncas ou vaixelas (como Villena ou os paralelos Irlandesesirlandeses). En todo caso, debe ser considerado pola súa singularidade, como un obxecto ritual.
 
== Véxase tamén ==